Luns. 06.05.2024
El tiempo

O sector turístico une forzas co sector primario

230620_Ines_Sante_APTCM
Pepe Formoso e Julio Castro cos representantes da Agader
O sector turístico une forzas co sector primario

A reunión mantida a pasada mañá entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) e a Asociación de Profesionais do Sector Turístico da Costa da Morte (APTCM) deixa aberta novas portas de colaboración intrasectorial. A idea, tras falar con José Antonio Vila, xerente do GDR Costa da Morte, era propoñer accións que utilicen os nosos produtos produtos agroalimentarios para promocionar o xeodestino. Máis ben, promocionar os nosos produtos e o noso sector turístico ao mesmo tempo.

Entre os obxectivos de APTCM, está o de dar valor ao produto local implicando ao sector local do agro, da horta e da gandería conxuntamente co sector empresarial ao longo de todo o ano para paliar un déficit que o territorio ten nestes intres como e a desestacionalización.

Así, os responsables de Agader ratificou o seu acordo para executar campañas de promoción (“Proxecto de Patrocinio“), mediante xornadas de exaltacións ou degustacións, dos diferentes produtos locais da horta, agro e da gandería nos meses de outubro, novembro e decembro deste 2023.

Con este proxecto global, APTCM trata de cubrir tres obxectivos: “Sustentabilidade”, promocionando o ecolóxico e trasladando dende o sector turístico a información necesaria aos consumidores; “Calidade”, ofrecendo produto de tempada levándonos polo tanto, a unha situación de “Desestacionalización”, o principal obxectivo da entidade.

Comentarios