Luns. 18.11.2019
El tiempo

O SEMESCOM saca á rúa un completo libro sobre o río do Porto

Portada Libro do Rio do Porto do SEMESCOM
Portada Libro do Rio do Porto do SEMESCOM
O SEMESCOM saca á rúa un completo libro sobre o río do Porto

A semana próxima estará na rúa o libro "O río do Porto, o río grande da Terra de Soneira", editado polo Seminario de Estudos da Costa da Morte e co-patrocinado polos concellos de Camariñas, Vimianzo e Zas.

Ademais, a primeira presentación será no Concello de Zas, concretamente en Baio o vindeiro 2 de marzo, ás 12:00 horas).

Os seus autores, catro soneiráns: Evaristo Domínguez, Xan Fernández, Moncho Gándara e Xosé Mª Lema, botaron máis de ano e medio no estudo deste río que nace por detrás do Bico de Meda en terras bergantiñás e xalleiras, pero que axiña se fai soneirán por completo, xunto con toda a súa cunca de afluentes, pois percorre de leste a oeste as terras dos concellos de Zas, Vimianzo e Camarñas, onde desemboca conformando a súa ría.

O libro estrutúrase do seguinte xeito: unha introdución; unha investigación sobre os distintos nomes que ó longo da historia tivo o río (desde o Vir fluvius "de los romanos" das crónicas antigas ó río Grande dos anos sesenta do séc. XX, pasando polos nomes de río da Ponte e río do Porto, que viña sendo o máis aceptado.

Conta ademais con 151 fotos a cor e algunhas antigas en B/N, 13 gráficos e debuxos, 15 mapas e 3 cadros sintéticos dos aproveitamentos do río.

Dos 15 mapas hai dous grandes que ocupan as contratapas: un de toda a "Rede Fluvial do río do Porto" e o outro dos aprobveitamentos; son da autoría de Rubén Rial. A maior parte dos debuxos e planos son herdanza de Roberto Mouzo, a quen se lle dedica o libro "in memoriam", con toda xustiza.

Contraportada Libro Semescom Rio do Porto

 

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Comentarios