Senda Nova comproba os efectos da eucaliptización no Bosque da Ribeira da Pena


Non para a Asociación Senda Nova de obrigarnos a disfrutar da nosa natureza faga o tempo que faga. A pasada fin de semana foron dúas as saídas que serviron para que un cento de mozos e mozas disfrutasen do entorno. O domingo, para abrir o programa da Ruta dos Bosques, visitaron o Bosque da Ribeira da Pena, que mantén a súa agonía entre as variedades de eucalipto máis agresivas, a carón das actuacións menos concienciadas e da estrada que une Carballo e Ordes.
Os 30 camiñantes puideron comprobar como afecta á eucaliptización aos bosques autóctonos, vendo ademais como afecta gravemente o lume ás zonas con especies invasoras, mentres que as zonas de bosque autóctono resisten moito máis.

Xa o luns, Senda Nova fixo de anfitrión na visita ao espazo natural de Baldaio dos alumnos e alumnas do Instituto Anxel Casal da Coruña. Unha actividade itinerante en lugar dunha xornada exclusiva a carón do espazo natural.

Nova Ruta
Este domingo11 de marzo toca ruta polas fragas de Catasós. A saída será ás 8:00h da Laracha, 8:15 de Carballo.
Novas relacionadas
- Senda Nova achéganos aos bosques autóctonos:
- A #ILPBosqueAutóctono busca apoios na Costa da Morte.
- 60 organizacións de toda Galicia lanza unha ILP contra a invansión dos eucaliptos.
- O sábado 10 de marzo, Corcubión acolle unha mesa debate por outra xestión forestal.
- Corcubión declárase como “Concello libre de eucaliptos”.
- Francisco Santiago López: “A inundación de eucaliptos en Galicia é un verdadeiro un desastre medioambiental”.
- Unha Boca de Sapo para que Corcubión se declare “Libre de Eucaliptos”.
- A futura carballeira de Laxe.
- “Se prantamos, ao planeta axudamos”.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).