Sesenta camiñantes estrean o IV Outono en Marcha de Senda Nova
20:07 27/10/15
O participantes percorreron un 16 quilómetros por terras larachesas. Imaxe: Senda Nova
Un total de sesenta camiñantes estrearon o pasado domingo nas terras larachesas de Montemaior o programa o Outono en Marcha da asociación ecoloxista Senda Nova e que este ano cumpre a súa cuarta edición.
A xornada abríuse na carballeira de santa Margarida, a carón da santa que " todos os males cura" e seguíu cara O Viso. Segundo din os participantes, o sol esforzabase entre os carballos mais as corredoiras coseguiron reter a humidade e a historia para camiñar ao fresco nun día de ceo limpo, e situarse nos tempos de axetreo de carros polos viais de Montemaior.
O percorrido ao pasado foi máis sinxelo grazas aos restos de construccións prerromanas e á presenza na expedición de todo un Xan Fernández Carrera, estreandose na lama das actividades de Senda Nova e dándolle cor a todos os matices interpretativos.
A ruta chegou ata fermoso espazo da Pena para despois visitar a María; "unha desas mulleres laboriosas que segue a día de hoxe a realizar as labores de cesteira a través de antigos e novos materiais", din os organizadores. A última parada antes da comida foi na capela de Cumiáns. A expedición chegou ata este particular espazo onde as cores invaden un lugar tan místico coma este.
O camiño continuou coas historias dalgúns persoeiros da parroquia como Sonia, Jose Ramón ( un dos própios autores do deseño do percorrido) e Jesús quen abriu as portas da súa casa para desmenuzar a historia do seu curtidoiro contada dende a pasión propia e unha humidade da contorna que transportou aos participantes ata 1858, nos anos que a industria do curtido comezou a funcionar en Cumiáns.
Máis tarde veu o tramo do río. Unhas beiras recuperadas polo concello para o disfrute e o coñecemento. Foi Baldomir o lugar no que se abríu a pendente para visitar a fonte de ouro, un territorio polo que pasa un antigo e importante camiño pola divisoria de augas. A anchura dos muros e a dreitura da vía dan fe da entidade. A
O programa de roteiros de Senda Nova continúa o vindeiro domingo pola zona de Razo-Baldaio.
Novas relacionadas
- Seis rutas de sendeirismo compoñen o programa de outono de Senda Nova
- Senda Nova presenta o seu programa de marchas para o outono
- Senda Nova bota a andar a súa escola ambiental
- Senda Nova remata o seu verán máis natural
- Redacción QPC ([email protected])
- Senda Nova