#SoandoconForza: 8 recomendacións de libros musicais para acabar o verán
Aquí vai esta serie de libros, acompañadas dun par de temas característicos, para enfocar, con ritmo, o final do verán:
"Energy Flash" - Symon Reynolds
Para quen lle interese a música electrónica, en como xurdiron as primeiras raves no Reino Unido, a importacia que tivo en este movemento Ibiza e as sesións de música balearic da man de dj Alfredo Fiorito, para dar paso a explosión do acid house. Ademais de repasar os inicios da música house, tecno e outras variantes da electrónica en cidades como Chicago, Detroit, Manchester ou Nova Iork.
"Future Days" - David Stubbs
Historia da cultura alemana e o Krautrock, os inicios de Kraftwerk, Neu!, Can... de como este xénero chegou a influir entre outros moitos, a visionarios musicais como a Brian Eno, David Bowie ou os primeiros productores de tecno de Detroit.
"Postpunk. Romper todo y empezar de nuevo" - Symon Reynolds
Unha historia de este estilo musical, comprimida entre 1978 a 1984, que aproveitando a filosofía ¨Do it yourselft¨ do punk, unido a técnicas de producción e composición do dub, krautrock, funk e free jazz, deron con un dos últimos movementos musicais máis vanguardistas.
Ademais de como se repasa a eclosión dos selos independentes.
"The Haçienda: cómo no dirigir un club" - Peter Hook
O titulo do libro non pode ser máis acertado, anécdotas do caos para xestionar esta emblemática discoteca, berce do movemento Madchester, da man do baixista de Joy Division e New Order, Peter Hook, que ademais era copropietario da discoteca xunto co resto dos seus compañeiros de New Order e outros socios máis.
"La Música no es lo más importante" - Javier Becerra
Grandes anécdotas e reflexións dun melómano en pleno confinamento sobre as relacións que mantemos coa música, dende como o esnobismo nos pode limitar de gozar da música sen prexuizos, de como podemos chegar a ter unha actitude infantil renegando de grupos que no pasado nos gustaban, ou como intentamos modificar o pasado só por facernos participes del. Quen non estaba vendo a Bola de Cristal aínda que tiveras 5 anos cando se emitía?
"Bacalao" - Luís Costa
Un profundo exercicio por recoñecer a relevancia que Valencia tivo musicalmente en toda Europa, como as primeiras actuacións en España de bandas referentes como Stone Roses foron en Valencia, como os pinchadiscos empezaban a misturar guitarras con electrónica en discotecas para máis de 2000 persoas (tan de moda anos despois en Barcelona), as tendas de discos cos mellores discos de importación de música alternativa.
O daño que fixo a expresión “Ruta do Bakalao” e porque Valencia foi moito máis que Chimo Bayo.
"Unha historia da música en Galicia, 1952-2018" - Fernado Fernández Rego
Calquera melómano debería ter esta enciclopedia musical galega na súa casa, impagable a enorme labor de Fernando
.
"Loops 2: Historia de la música electrónica en el siglo XXI" - Javier Blánquez
Igual que Energy Flash, lectura obrigada para amantes deste estilo musical.
- Maikel Pérez Castro, Picadiscos.
#SOANDOCONFORZA
- Unha hora de baile na radio-podcast QPC.
- A versión de Safety Dance de Angel Olsen.
- 39 anos do triunfo da banda carballesa Metro na Corulña.
- Un repaso ás bandas que pasaron polo XiriaPop.
- 5 versións de bandas nacionais.
- 30 anos dunha cancelación histórica en Bergantiños.
- As actuacións máis destacadas do San Xoán de Carballo.
- Dous discursos de Pepe Mujica sampleados para a pista de baile.
- Eirís, o carballés que estivo de xira por Corea do Norte.
- A solicitada voz de Robert Smith cas bandas de pop electrónico.
- 32 anos do histórico concerto de Yo la Tengo na Laracha.
- 5 temas fronteirizos.
- 8 aniversarios singulares.
- Un avance do que se vén polos festivais galegos este verán.
- Dúas listas para #RadioQPC.
- 5 novidades de bandas galegas.
- 5 sesións para amenizar a finde.
- 5 imprescindibles documentais de música.
- Lembrando unha visita de Manu Chao á Costa da Morte.
- Catro novidades e un clásico para a última fin de semana de marzo.
- Playlist polo Día do Pai.
- Baiuca.
- “Tu Futura Ex Mujer”.
- Coñecendo a banda carballesa "Apart”
- “Son Carballo”, unha playlist de bandas carballesas.