Sobre o deplorable estado das marquesinas


Non é a primeira vez que nos fixamos a través do seguemento dos busescostadamorte.com, pero si a primeira vez que un grupo municipal leva ao pleno o asunto. O estado das marquesiñas das paradas de autobuses, neste caso, de Coristanco. O BNG coristanqués realizou nestes días pasados unha revisión ao estado das marquesinas que se atopan nalgunhas paradas de buses do concello. E a valoración é clara: o estado xeral é desastroso, e implica non só unha imaxe de deixación senón un risco real para a veciñanza”.
Por ese motivo, hoxe remitiron a pasada semana un escrito á Xunta de Galiza (titular da C552, onde se atopan varias das marquesinas máis deterioradas) para solicitarlle unha solución. O escrito, que se acompaña, leva un anexo fotográfico onde se pode ver o estado de abandono e deterioro das marquesinas referidas.
A comezos desta semana o BNG entregará outro escrito semellante no Concello de Coristanco, solicitándolle que requira á Xunta a reposición das marquesinas situadas ao longo da AC-552, e tamén esixíndolle igual resposta ás marquesinas situadas en diversas parroquias, que en moitos casos ofrecen imaxes tamén moi deficientes.
Información sobre os buses
Fonte
- Nota de prensa do BNG de Coristanco.