O Sorriso de Daniel saca un fermoso almanaque patrimonial da Costa da Morte

18:37 19/01/20
Fermoso o calendario da Costa da Morte que vén de publicar a Asociación Patrimonial O Sorriso de Daniel. Cas fotos de Sole Felloza, o almanaque tradicional da entidade recolle estampas singulares da Costa da Morte como o Monte Pindo, Moraime de Muxía ou San Marcos de Corcubión.
Un calendario 2020 que se pode adquirir, por 12 euros, poñéndovos en contacto en almanaque.romanico.sorriso@gmail.com.