mércores. 04.03.2026
El tiempo

Talía Teatro chega con 4 nominacións ao 30 aniversario dos Premios María Casares

Un Deus salvacxe de Talia Teatro nos Maria Casares
Imaxe do espectáculo de Talía Teatro "Un Deus salvaxe"
Talía Teatro chega con 4 nominacións ao 30 aniversario dos Premios María Casares

Un total de 17 espectáculos competirán como nomeados por un dos 16 premios que se entregarán durante a gala dos 30 Premios de Teatro María Casares, que este ano se celebrará o mércores 8 de abril no Teatro Rosalía Castro da Coruña. Así se anunciou esta tarde en Santiago durante a tradicional Festa de Nomeados celebrada na Cafetería Lasso do Auditorio de Galicia.

O espectáculo Reconversión, de Ibuprofeno Teatro, con 11 nomeamentos; A serie clopen, do Centro Dramático Galego, con 10; TROMSØ, de Morraoconto, finalista en 7 categorías, son os tres espectáculos máis nomeados.

Entre elas temos que destacar a presenza costeira, formada polo espectáculo Un deus salvaxe, de Talía Teatro, con 4 nomeamentos: actriz principal (Marta Lado), adaptación-tradución (Artur Trillo), escenografía (Dani Trillo) e maquillaxe (Martina Cambeiro).

Cea de finalistas do Maria Casares 2025
Imaxe da Festa de Nomeados

Lista de nominados por produción:

  • 1. Reconversión, de Ibuprofeno Teatro (11 nominacións): interpretación, dirección (Santiago Cortegoso, Carlos Álvarez-Ossorio e Natalia Feijoo), dirección de movemento (Armando Martén), actor principal (Santiago Cortegoso), actor secundario (César Goldi e Fran Lareu), actriz secundaria (Cristina Collazo), deseño de luz orixinal (Algosoo São Cortegoso), deseño de luz (AlgosooS) (Carlos Álvarez-Ossorio), e escenografía (Pablo Giraldez O Pastor)
  • 2. A serie clopen, do Centro Dramático Galego (10 nominacións): interpretación, dirección (Pablo Reboleiro), dirección de movemento (Marta Alonso Tejada), actriz protagonista (Natalia Pajarito), texto orixinal (Clara Gayo e Pablo Reboleiro), deseño sonoro (Marcos PTT e Xosé Lois Romero), iluminación (Laura Iturralde), escenografía (Laura Iturralde e José Lois Romero). Faro), vestiario (Carlos Alonso), e maquillaxe (Erea Pérez).
  • 3. TROMSØ, de Morraoconto (7 nominacións): espectáculo, dirección (Rafa R. Martínez), dirección de movemento (Esther Latorre), deseño de son (Julia Ammerman e Lucía Iglesias), iluminación (José Faro Coti), escenografía (Rafa R. Martínez, Miguel Gendre, Lara Pouso, e José Faro Coti), e vestiario (Rafa R. Martínez e Ana Gesto).
  • 4. Un deus salvaxe, de Talía Teatro (4 nominacións): actriz protagonista (Marta Lado), adaptación/tradución (Artur Trillo), escenografía (Dani Trillo), e maquillaxe (Martina Cambeiro). 5. Vitória, retrato dunha denuncia, de Iria Pinheiro (3 nominacións): Mellor actriz (Iria Pinheiro), Mellor actriz secundaria (Victoria Pérez) e Mellor texto orixinal (Iria Pinheiro).
  • 6. Alta costura, de Elefante Elegante (2 nominacións): Mellor vestiario (Carolina Díguele) e Mellor actriz secundaria (Raquel Crespo).
  • 7. Berenguela na gaiola, de Galeatro e Xarope Tulú (2 nominacións): Mellor Adaptación/Tradución (Paula Carballeira) e Mellor Espectáculo Infantil.
  • 8. O libro da selva, o musical, de Ártika Cía (2 nominacións): Mellor Maquillaxe (Árika Cía) e Mellor Espectáculo Infantil.
  • 9. Bibopalula. O espectáculo, de Ainé (1 nominación): Mellor espectáculo infantil.
  • 10. Un tal Romeo, de aRamboia (1 nominación): Mellor actor (Fran Lareu). 11. Mofa&Befa: Os dous de sempre, de Producciones Teatráis Excéntricas (1 nominación): actor secundario (Josito Porto)
  • 12. Mala vida e peor morte de Ricardo III, de Producións Teatráis Ecentricas (1 nominación): actor protagonista (Evaristo Calvo)
  • 13. A metamorfose, de Sarabela Teatro (1 nominación): adaptación-tradución (Carlos Álvarez-Ossorio)
  • 14. Cabeza de Coa nas nubes, de SÖA (1 nominación): espectáculo infantil
  • 15. Biblioteca Galáctica contra IA Fantástica, de Tanxarina (1 nominación): espectáculo de monicreques, obxectos e figuras animadas.
  • 16. Castelao, un corazón aberto, de Fantoches Baj (1 nominación): espectáculo de monicreques, obxectos e figuras animadas.
  • 17. Gabinete Mirabilia, de Pablísimo (1 nominación): espectáculo de títeres, obxectos e figuras animados.

Máis novas

Comentarios