Talía Teatro volve con premio dos María Casares

Talía Teatro, saíu gañadora dun premio da XXVI Premios de Teatro María Casares. A compañía costeira acabou a figuriña ao Mellor Texto Orixinal por A parábola do Angazo, feito ademais entre o equipo formado por Marta Lado, Araceli Gonda, Artur Trillo, Diego Rey, Séchu Sende e Jose Prieto.
Durante a recollida, Artur Trillo recoñeceu que si que importan as figuriñas”, lembrou os 20 anos da triloxía que nacía con "Bicos con Lingua" dando pé a unha cuarta parte, e lembrouse de todos os membros da compañía. A fisterrá Marta Lado, deu as “ghrasias” a Artur pola confianza para chegar a poder dicirse a si mesma "son actriz", esperando ser capaz de dicirse a si mesma algunha quelo de "son escritora". Dedicou o premio á súa filla, fundamental para gañar o co amuleto que lle diu, ademais de agradecer a súa nai e a súa sogra a colaboración. Sechu Sende púxose a regueifar un “que viva Talía Teatro, que viva o teatro galego”, e Diego Rey lanzou un simple e emotivo "moitas grazas".

Non foi o único premio con acento da nosa comarca, xa que a o espectáculo triunfador da noite, Cigarreiras, de Contraproducións e Teatre Romea, recolleu 3 premios (de Mellor espectáculo, Mellor dirección e Mellor escenografía), sendo precisamente o da escenografía para o ceense Dani Trillo, parte tamén intrínseca de Talía.

Quedaron sen premio Martina Cambeiro (optaba a Mellor Maquillaxe e Mellor Vestiario) e Tamara Canosa, de familia costeira (Sardiñeiro e Camariñas), que optaba á Méllor Actriz Protagonista en Cigarreiras.
A Gala
Fermosa e intensa a gala organizaba pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), dirixida por Carlos Álvarez-Ossorio para homenaxear a figura de María Casares, actriz da que se conmemora o seu centenario neste 2022. Actrices como Sheyla Fariña, Marián Bañobre, Marta Pérez, Mónica de Nut, Nerea Brey e Rosa Puga Davila representar fragmentos das memorias da autora galega “Residente Privilexiada”.
Durante a velada, entregouse o Premio de Honra Marisa Soto, que este ano recoñeceu a título póstumo a figura de Lino Braxe.
Non faltaron as obrigadas reivindicacións duns sector moi maltratado, erguendo a voz fronte a situacións inaceptables de abusos de poder ou acoso que cómpre exiliar. “Recibimos con tristura as queixas e consultas das nosas compañeiras. Queixas e consultas, que agochan outras tantas que non ven a luz por medo, presión, inseguridade… Si, recibímolas con tristura, mais tamén con determinación e con esperanza. Porque todas e cada unha destas queixas, consultas, peticións de asesoramento indican un camiño de futuro e amosan unha realidade: o silencio xa se crebou. Sentirnos seguras é algo esencial nunha profesión na que nos espimos literal e figuradamente,”, escoitouse na gala por parte da directiva da AAAG.
Os premios
- MAQUILLAXE: LaPelu F. Silva, por Comando Comadres, de Matrioshka.
- VESTIARIO: Silvia Delagneau, por Othello, de Voadora.
- ILUMINACIÓN: Nuno Meira, por Othello, de Voadora.
- ESCENOGRAFÍA: Dani Trillo, por Cigarreiras de Contraproducións e Teatre Romea.
- MÚSICA: Ailén Kendelman, por A cazola de Lola, de Tanxarina.
- ADAPTACIÓN-TRADUCIÓN: Vanesa Sotelo por A lúa vai encuberta, de Incendiaria e A Quinta do Cuadrante.
- TEXTO ORIXINAL: Marta Lado, Araceli Gonda, Artur Trillo, Diego Rey, Séchu Sende e Jose Prieto, por A parábola do angazo, de Talía Teatro.
- ACTOR PROTAGONISTA: Eduardo R. Cunha Tatán por Terceiro Acto, do CDG.
- ACTRIZ PROTAGONISTA: Belén Constenla, por Terceiro Acto, do CDG.
- ACTRIZ SECUNDARIA: Anabell Gago, por Comando Comadres, de Matrioshka Teatro.
- ACTOR SECUNDARIO: Fernando Dacosta, por Morgana en Esmelle, de Sarabela Teatro.
- DIRECCIÓN: Cándido Pazó por Cigarreiras de Contraproducións e Teatre Romea.
- ESPECTÁCULO INFANTIL: Hugo, de Os Náufragos Teatro.
- ESPECTÁCULO: Cigarreiras, de Contraproducións e Teatre Romea.
Aqúí podedes ver a gala:
Novas de Talía Teatro
- 2022: Talía Teatro presenta o seu novo espectáculo “Morte Accidental dun Anarquista”.
- 2021: Talía Teatro estrea “A parábola do angazo”, que pecha a triloxía das obras referencias sobre a lingua
- 2020: Martina Cambeiro, de Talía Teatr, repite Premio María Casares.
- 2019: Os Premios María Casares traen tres galardóns para a Costa da man de Talía Teatro.
- 2018: Talía Teatro lembrou os 40 anos do teatro profesional na Gala dos XXII Premios de Teatro María Casares.
- María Casares 2012: Talía Teatro e Vicente de Souza traen dous novos premios á Costa duns María Casares máis reivindicativos ca nunca.
Máis novas de teatro
- As 5 obras que estarán na V Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose.
- As Avoas de Laxe plantan a semente da igualdade, “seguras que vai florecer”.
- Vimianzo e a importancia da programación continúa para espallar a cultura e encher os auditorios.