Toda a oferta de FP na Costa da Morte
Así e todo, e analizado toda a oferta da Costa da Morte, notamos que hai moita electromecánica e administracións, pero lamentamos a falta de materias tan importantes para os nosos sectores produtivos como son a hostalería ou o agro.
FP DUAL
Unha das novidades deste curso é a aposta pola FP Dual. Nesta modalidade, combínase moito a teoría coa práctica en empresa. Na comarca temos dúas opcións, unha vez que o IES de Baio vén de conseguir ampliar a súa oferta:
Concello | Centro | Grao | Empresas |
Carballo | IES Monte Neme | Superior Mecatrónica industrial | Calvo Conservas, S.L Glaucor Ingenería, SA Maquinaria Agrícola Cancela, S.L Sogama Unión Empresas Madereras |
Zas | IES Maximino Romero de Lema | Superior Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma | Imatia Innovation, S.L |
A Oferta completa de FP na Costa da Morte
IES Fernando Blanco (Cee)
A oferta de ciclos formativos do centro ceense é a seguinte:
- Ciclo de grao superior de Administración e finanzas.
- Ciclo de grao medio de Instalacións eléctricas e automáticas.
- Ciclo de grao medio de Electromecánica de vehículos automóbiles.
- Ciclo de grao medio de Xestión administrativa.
- Ciclo de grao medio de Mantemento electromecánico.
IES Agra Raíces (Cee)
O centro ceense ofrece o Grao medio de Coidados auxiliares de enfermaría.
IES Maximino Romero de Lema (Baio)
Ademais da oferta do FP Dual, o centro baies ten o Grao medio de Sistemas microinformáticos e redes (que pode servir de ponte co DUAL de aplicacións) e o Grao básico de Informática de oficina.
IES Terra do Xallas (Santa Comba)
O IES Terra do Xallas ofrece Ciclo Medio e Ciclo Superior de Adminstración. Ofrecen formación en grupos reducido, con prácticas e cunha clara vontade de adquirir competencias profesionais para unha das saídas formacións con maior inserción laboral.
Ademais, o cdngtro xalleiro tamén ten os Grao básicos de Cociña e restauración e de Mantemento de vehículos.
IES Terra de Soneira (Vimianzo)
O centro vimiancés ten abertos os Ciclos Formativos, Medio e Superior, da Familia de Administración e Finanzas.
Ámbolos ciclos contan con 2000 horas de formación, equivalentes a dous cursos académicos, que inclúen un período de prácticas laborais en empresas. O IES Terra de Soneira ten asinados convenios de colaboración cun amplo abano de empresas da comarca, o que lle permite garantir ao seu alumnado as prácticas asociadas aos ciclos, así como unha moi alta inserción laboral.
IES Parga Pondal (Carballo)
O centro carballés ofrece o Ciclo Formativo de Grao Superior de Administración de Sistemas Informáticos en Rede (CS/ASIR).
IES Alfredo Brañas (Carballo)
O Centro carballés ofrece un Grao medio de Actividades comerciais.
IES Monte Neme (Carballo)
Ademais da proposta DUAL de Mecatrónica industrial, o centro carballés ofrece:
- Grao básico de Electricidade e electrónica;
- Brao Básico de Fabricación e montaxe;
- Grao medio de Instalacións de telecomunicacións;
- Grao Medio de Instalacións eléctricas e automáticas;
- Grao Medio de Mecanizado;
- Grao Medio de Xestión administrativa;
- Grao Superior de Administración e finanzas;
- Grao Superior de Mantemento electrónico.
EFAG Fonteboa (Coristanco)
O Centro coristanqués, o único da comarca que ofrece formación agraria:
- Grao medio de Produción agropecuaria.
- Grao superior de Gandaría e asistencia en sanidade animal;
- Grao Superior de Paisaxismo e medio rural.
IES Plurilingüe Fontexería (Muros)
O centro muradán ofrece:
- Grao básico de Informática de oficina;
- Grao medio de Instalacións eléctricas e automáticas.
IES Eduardo Pondal (Ponteceso)
O centro pontecesán ofrece:
- Grao básico de Mantemento de vehículos;
- Grao básico de Servizos administrativos;
- Grao medio de Electromecánica de vehículos automóbiles;
- Grao medio de Xestión administrativa.