O temporal de mar e vento mantén en Alerta a toda a Costa da Morte

Día de temporal de mar e vento. De feito, a Costa da Morte está en Alerta Laranxa por vento e Alerta Vermella no Mar, cuns datos que parece que van aumentando conforme pasa o día. Onte xa avisabamos que as as chuvias poderían provocar inundacións polas enchentas nos ríos, pois hoxe o vento e o mar complenta un marco perfecto de temporal.
Xa se rexistraron refachos de 124km/h en Malpica e de 123 en Lira, Carnota, e as ondas superan os 10 metros en todo o litoral costeiro. A preamar é arredor ds 17:00h, o que complicará o estado dos paseos marítimos da comarca. Moitos Concellos cortarán o acceso aos mesmos.
Incidencias
Varanda caída en Malpica e a Policía Local cortando a estrada do Faro Fisterra
Hai incidencias de consideración en diferentes puntos, como é no Cabo Fisterra, onde a caída ds chapas do tellado do edificio do Semáforo provocaron que mesmo a Policía Local tivese que cortar a estrada de acces ao faro.
Ademais, estradas como a de Carballo a Razo ou a de Coristanco-Santa Comba tiveron que ser cortadas por momentos pola caída de varias árbores.
Por Malpica, contedores e mesmo varandas caeron pola forza do vento, que como dicimos, seguirán aumentando.
Por Laxe, un eucalito enorme que cortou unha pista entre Socasas e Mordomo, e o mar segue botando area na estrada...
Susto no mar
Ao longo do día, un buque de 186 metros de slora, o Styl Beri, leva dende as 13:00h dando tumbos a 40 millas ao leste do Cabo Fisterra, en pleno corredor. O buque non dá avanzado pero non ten ningún problema técnico, polo que está esperando a que melloren as condicións do mar.
Dase a circusntancia de que hoxe é un dos aniersarios do Prestige, e as onds de 12-14 metros non son esperanzadoras. Hai alo menos dous buques abrigados do temporal na ría corcubionesa.
NOVAS RELACIONADAS
- Outubro 19: A borrasca en imaxes: Santa Comba, Vimianzo e Zas, as vilas de Galicia onde máis choveu.
- Xuño 19: Repaso ás numerosas incendencias que a #BorrascaMiguel deixou en pleno mes de xuño.
- Maio 2019: Outro barco ás rochas de Santa Isabel.
- Febreiro 2019: A borrasca Helena deixa xa ondas de 8 metros e refachos de 141 km/h na Costa da Morte.
- Novembro 18: O temporal de chuvia deixa numerosas incidencias na comarca.