Terra Atlántica propón 3 programas para fomentar a gastronomía, o turismo e o consumo interno
- A marca da Costa da Morte suma cinco novas empresas do eido agroalimentario, industrial e hostaleiro. Son xa 45 empresas adheridas

Nova xornada organizada o pasado xoves da marca territorio Costa da Morte Terra Atlántica. Unha sesión informativa celebrada en Baio para presentar os distintos programas que se, o empresariado está darcordo, se activarían a partir de 2021, suporían sinerxías para empresas de diversos sectores, desde o turismo e restauración ata o agro e a cultura.
Tres programas de vibilidade dos negocios e os produtos comarcais.
Gastronomía, turismo e consumo interno
Son tres as liñas propostas pola entidade. “Saborea Terra Atlántica”, dirixido a entidades do sector primario e asociadas á venda de produto, así como a empresas de hostalaría e restauración.
“Respira Terra Atlántica”, centrado en empresas que oferten servizos para o sector terciario, así como as asociadas ao sector turístico.
E “Terra Atlántica Aberta”, que busca reforzar o consumo de produtos e servizos na Costa da Morte por parte da poboación do propio territorio.
Cinco novas adhesións
Segue medrando a marca e xa son 45 empresas adheridas, trala incorporación da ooperativa agrogandeira Coreber, Hotel Cabo Sport e Casa A Pichona do ámbito hosteleiro, a empresa de comunicación e eventos Dime Sí Quiero e a química industrial Savelo.
Novas relacionadas
- O concurso de #TerrAtlantica reforza a identidade da Costa da Morte.
- Xullo 2020: A marca #TerrAtlántica achégase á artesanía.
- Abril 2020: Gerca adáptase á emerxencia sanitaria e crea máis de 1.000 soportes diarios coa marca "Terra Atlántica" .
- Outubro 19: A marca territorio “Costa da Morte - Terra Atlántica” continúa medrando dende o Faro Vilán.
- Setembro 19: A marca territorio Terra Atlántica xa suma a súa primeira vintena de entidades adheridas.