Martes. 22.09.2020
El tiempo

O tesouro de Brando chega a Vimianzo e Camariñas en galego

O tesouro de Brando chega a Vimianzo e Camariñas en galego

”O tesouro de Brando”, a novela que conta a historia das persoas que lle deron vida a ambas beiras das rías de Corme e Laxe, presentouse a pasada semana en Laxe, berce do químico e xeólogo Isidro Parga Pondal e mañá venres, presentarase no Castelo de Vimianzo ás 13:00 horas e o día 11 ás 20:00 horas en Camariñas.

”O tesouro de Brando” é o último traballo do presidente de xeólogos de España, Manuel Regueiro González Barros, un xeólogo afincado en Madrid con raíces carballesas e que disfruta dos veráns en Corme, dous factores que fortalecen ese vínculo tan especial que mostra pola Costa da Morte. Ao tempo que o escritor ideaba a obra, a filóloga oriunda de Ponteceso, membro do Patronato da Fundación Eduardo Pondal e da directiva, xunto co poeta toledano Villo Argumanez, do proxecto Ponteceso Cultura Permanente, Julia Ures lle daba forma en galego. A novela, unha viaxe dende o Neolítico ata a interpretación daquel mundo a través dunha xeóloga deste tempo, está editada pola editorial Raíces nun único libro en dúas linguas.

O venres 4 e ás 13:00 horas, “O tesouro de Brando” chegará ao castelo de Vimianzo arroupado polo propio autor Manuel Regueiro, o xeólogo Vidal Romaní, a alcaldesa de Vimianzo Mónica Rodríguez e a traductora da obra, Julia Ures.

comentarios