FERROATLÁNTICA
Os traballadores de Ferroatlántica enfróntanse ao ERTE co Comité absolutamente quebrado
Días convulsos para os traballadores das fábricas de Ferroatlántica de Brens e Dumbría. Co ERTE estatal sobre a mesa, e aínda coa incertidume de saber canto afecta ás fábricas da comarca, os traballadores vén como os seus propios representantes protagonizan un soado enfrontamento. Esta pasada mañá de mércores os membros do Comité de Empresa celebraban unha reunión, na que as posicións quedaban absolutamente encontradas.
Se ben non conseguimos falar co presidente do Comité, Santiago Paz, dende a CIG lamentan que a situación, a pesar de ser as fábricas máis produtivas da península, é grave. “Levamos sendo a “joya da corona”, a fábrica que mellor rendibilidade, que máis xeraba, que máis producía, gracias á vinculación ás centrais, e agora pasamos a primeira fábrica que vai sufrir o ERE? Como se entende iso?”.
Así fala Alfonso Mouzo, representante da CIG, o único sindicato que queda “vivo” no Comité de Empresa, despois de que os 3 representantes de UGT escollidos nas eleccións internas saísen do seu grupo, quedando como independientes, mentres que os 4 de CCOO cambiaron de sindicato. Unha situación que deixa á CIG como única forza sindical (a dirección só recoñece aqueles representantes que foron escollidos democraticamente baixo unhas mesmas siglas) con representación na mesa de negociación á que están convocados o vindeiro luns.
ERE ilegal. Negociación ilegal
Mentres a parte maioritaria do Comité (eses 7 representantes ex de UGT e ex de CCOO) deciden cal é a súa postura, a CIG non sabe aínda se vai presentarse na reunión, porque considera que podería lexitimar unha negociación que para eles é ilegal, pois debería realizarse en cada centro de traballo.
”O Comité presentou unha reunión cos traballadores pero non tiñan posición tomada. Nós témolo clarísimo: o ERE non se negocia, nin aquí nin en Madrid, porque é ilexítimo e ilegal”. Iso si, non saben aínda a conveniencia de ir a Madrid á mesa negociadora. ”Teremos nova reunión cos servizos xurídicos, e decidiremos se iremos ou non, en función dos intereses para a comarca. Se a negociación en común é ilñegal, o ERE tamén, porque non hai ningunha xustificación, non hai perdas, somos perfectamente rendibles, e ademais está a vinculación dos postos de traballo coa concesión das centrais hidroeléctricas. Así que se alguén ten que ir a un ERE que vaian indo eles diante”, sinala referíndose ás outras fábricas que están afectadas e convocadas para a reunión do luns.
Pero precisamente, por iso teñen medo dende Cee. “Ao ERE ao mellor só nos cae a nós, porque UGT, maioritario a nivel estatal, e totalmente vendido á dirección, podería chegar a pactar que o ERE só nos centros da Costa da Morte, onde non ten representación sindical. Está claro que os de Madrid, Santander e demais van negociar para que o ERE non lles afecte a eles e nos afecte máis a nós”.
Lembran que “somos o centro máis castigado, o único centro que non medrou dende o 92 que chegou Villar Mir. En Sabón fixeron un forno, aquí se prometeu no ano 99 a creación do forno 23 e aínda seguimos esperando… mesmo se achatarrou un forno e non o repuxeron”, lamenta.
”Esta xente é unha vendida”
”Xa nos cansamos de tapar a esta xente. Esta xente é unha vendida”. Así de crú falaba onte á saída da reunión co resto de membros do Comité o voceiro da CIG. “Está falando en nome dos traballadores ou en nome do Comité de Empresa? Aínda falaron onte con López Madrid e lle preguntaron por primeira vez polo manganeso que marchou hai xusto un mes cara Francia? Están de coña?”.
Dende a CIG considera que seguen as directrices da dirección. “A Dirección de Empresa pide que non se faga moito follón, porque xa houbo máis EREs na historia da planta e aí segue en pé. Pero que pasa? Xa non se acordan dos que agora están na casa?”
Pregúntanse dende a CIG, por outra banda, cando foron esas 3 reunións co PP que asegurou ter o candidato Antonio Domínguez, “por que a nós non nos invitaron e nin sequera nos informaron. Se están enviando e acordando cousas en nome do Comité, polo menos terán que informar, porque nos están usurpando o poder negociador que nos corresponde”, denuncia.
Máis novas do conflito #Ferroatlántica
-
- 06-02-19: Os grupos parlamentarios lembran a blindaxe dos postos de Ferroatlántica á concesión hidroeléctrica.
- 05-02-19: “O ERE de Ferroatlántica non se axusta á legalidade”:
- 28-01-19: Ferroatlántica divide ao pleno de Cee.
- Xaneiro 19: En Marea esixe a Xunta que faga cumprir a concesión a Ferroatlántica.
- Xaneiro 19: A CIG mobilízase pola readmisión do traballador despedido por un comentario nas rrss.
- Xaneiro 19: O Concello de Cee compromete o seu apoio cos traballadores de Ferroatlántica:
- Xaneiro 19:O berro dos traballadores de Ferroatlántica tamén se escoitou na Coruña.
- Xaneiro 19: “O PSOE fai unha boa declaración de intencións a 6 meses vista pero en 15 días algún pode estar xa na rúa”.
- Xaneiro 19: O BNG leva a pleno o peche dos fornos de Ferroatlántica.
- Xaneiro 19: En Marea critica o peche dos fornos dunha eternamente subvencionada Ferroatlántica.
- Xaneiro 19: “Fornos apagados, todos parados”.
- Xaneiro 19: A parálise de dous fornos e a retirada de materias primas, avisos previos do ERE de Ferroatlántica.
- Decembro 18: A CIG salta ante o posible ERE temporal nas fábricas de Ferroatlántica.
- Decembro 18: Ferroatlántica despide un traballador que foi delegado sindical da CIG por un comentario nunha rede social.
- Outubro 18: A CIG reclama a anulación da votación na que se aprobou o Acordo Marco en Ferroatlántica.
- Xuño 18: O Comité de Ferroatlántica non saiu con boas sensacións da reunión coa Dirección.
- Maio 18: O Comité queima o Acordo Marco de Ferroatlántica.
- Decembro 17: Os traballadores de Ferroatlántica volven concentrarse contra o chamado “Acordo Marco”.
- Decembro 17: Augas de Galicia confirma que as centrais e a fábrica de Brens son inseparables.
- Novembro 17: “A gran mentira” do Plan Industrial de Ferroatlántica:
- 16-05-17: Preocupación no Comité de Ferroatlántica trala falta de compromiso do Conselleiro de Industria.
- 16-02-17: O Parlamento galego esixe por unanimidade que non se autorice a venda de Ferroatlántica
- 03-11-16: A Xunta descarta un ERE en Ferroatlántica
- 11-10-16: O Comité de Ferroatlántica esixe a non segregación das actividades produtivas