Os trasn@s ofrecen un informe técnico e medioambiental para demostrar a alta calidade da ruta o Camiño dos Faros

Tremendo o traballo que se pegaron @s trans@s, voluntari@s, neste Informe Técnico & Medioambiental. Un documento de 67 páxinas que percorre paso a paso os 200 km de rutal, con anos de traballo detrás dun técnico e da empresa Acivro Medioambiental, que trata de atopar solucións a algúns dos problemas que pode xerar o Camiño ao seu paso polas fincas privadas.
Un documento que trata de servir de guía para solventar os problemas que poderían retrasar a súa homologación (como a cantidade de km desenvoltos en asfalto, ou sobre fincas privadas) para Ruta de Gran Percorrido.
O informe analiza as esixencias da Federación Galega e Europea de Montañismo, ofrecendo alternativas para superalas.
Por exemplo, no caso das fincas privadas, o sendeiro atravesa 1532 fincas privadas. No 99% das fincas non hai ningún problema pero contan con que hai unhas 10 fincas nas que existe algún tipo de conflito cos propietarios que habería que solventar. “Segundo a Federación, a Diputación e a Xunta, nós tiñamos que buscar aos donos desas 1532 leiras e que nos asinasen un permiso de paso. Non buscaron nin atoparon nin pensaron unha mellor solución”, lamentan.
Sobre o terreo, o Camiño percorre un 24,7% de asfalto (xa sexa urbano ou non urbano). Para a Asociación non ten sentido eliminar os camiños urbanos que atravesan aldeas, nin tampoucoos paseos marítimos, polo que propón varias modificacións (engadir beirarrúas de zahorra ou herba, por exemplo, en tramos de estrada) que rebaixarían ao 20%, o máximo esixido pola Federación Europea, a “sealed surface” pola que pasa. O documento recolle cada metro de asfalto…
O documento tamén resume o informe ambiental que realizou Acibro entre 2016 e 2019. Aí tamén propoñen alternativas a zonas onde se pode afectar á Rede Natura, como a Praia da Barda, Balaés, o Monte Branco…
A Asociación tamén analiza as caracterísitcas da Leading Quality Trail (LQT), o selo que sacou a Federación Europea de senderismo para buscar as rutas de máis calidade do continente, pois cren que se podería alcanzar. De feito, resulta paradóxico que o Camiño dos Faros si cumpra todas as esixencias para ser unha das 25 mellores rutas de sendeirismo do mundo calificadas pola LQT, pero non cumpra os requisitos da Federación Galega de Montañismo.
Atentos estaremos o luns 30 de novembro, cando os trasn@s farán unha presentación por streaming do informe ás 21:30h.
En bandexa
A conclusión está clara: “Nós como asociación xa fixemos o noso traballo, que foi deixar en bandexa isto para o futuro da Costa dá Morte e deixalo plasmado neste documento. O que veña a partir de agora xa non depende de nós.”
Repaso a 8 anos de historia do Camiño dos Faros
- Novembro 2020: O PSdeG reclámalle á Xunta que desbloquee a homologación da Ruta dos Faros.
- Outubro 2020: Canto é o impacto real do Camiño dos Faros na Costa da Morte? .
- Outubro 2020: A Asociación Camiño dos Faros cansa e desiste de ser o promotor da homologación da ruta GR.
- Agosto 2020: O Camiño dos Faros está salvando o verán.
- Xullo 2020: Os trasn@s percorren a bisbarra.
- Xuño 2020: Por que non se homologa o Camiño dos Faros? Os trans@s rebentan contra as administracións.
- Maio 20: Foro: O Camiño dos Faros non só é bonito, é emocionante”.
- Xaneiro 2020: Os trasn@s plántanse e non farán o Camiño dos Faros 2020 en protesta pola falta de apoio das administracións.
- Novembro 2019: O Camiño dos Faros, Premio Galicia de Turismo 2019 polo seu 7º aniversario.
- Xullo 2019: Os alcaldes da bisbarra esixen a homologación do Camiño dos Faros como ruta de gran percorrido, tras 5 anos de trámites.
- Marzo 2019: O Camiño dos Faros véndese en Francia.
- Decembro 17: A Deputación aproba o financiamento do proxecto de homologación do Camiño dos Faros como GR.
- Xaneiro 2017: A Xunta corrobora o seu compromiso para axudar a homologar o Camiño dos Faros como GR.
- Decembro 2016: O Camiño dos Faros cumpre 4 anos.
- Novembro 2016: O Camiño dos Faros, produto estrella na World Travel Market.
- Xuño 2016: Novo compromiso para homologar o Camiño dos Faros como Ruta de Gran Percorrido.
- Xaneiro 2016: Os pioneiros trans@s mapean o Camiño dos Faros coa tecnoloxía de Google.
- Novembro 2015: Os alcaldes únense á loita pola homologación do Camiño dos Faros como Sendeiro GR.
- Decembro 2014: A Costa da Morte aposta unida por un Camiño dos Faros Ruta de Gran Percorrido.
- Abril 2013: O Camiño dos Faros ábrese ao mundo.
- Febreiro 2013: Percorrendo a pé, e con Traski, o Camiño dos Faros da Costa da Morte