Venres. 26.04.2024
El tiempo

Tres detidos por cultival marihuana en Santa Comba

Tres detidos por cultival marihuana en Santa Comba
A Garda Civil do Posto de Santa Comba procedeu á detención de H.H.F. , H.H. e M.H.F. como presuntos autores dun delito contra a saúde pública, tras comprobarse que se dedicaban ao cultivo de marihuana nunha vivenda alugada no Lugar das Abaleiras, Freixeiro. Os feitos sucederon despois de que a Garda Civil comezase a sospeitar da actitude sospeitosa dos detidos, quen facían contantes entradas e saídas do inmueble pero sen chegar a residir no mesmo. Por todo iso iniciouse unha investigación encamiñada a esclarecer os feitos, da que tamén se puido saber que ata na fachada principal da vivenda achábase un puenteado de fornezo eléctrico. Por todo iso solicitouse unha entrada e rexistro no inmueble, a cal foi autorizada polo Xulgado de Instrución número 1 de Negreira . Unha vez no interior, púidose comprobar que practicamente toda a superficie estaba acondicionada ao obxecto de conseguir un óptimo crecemento das plantas, polo que se puido achar 800 macetas de diversos tamaños, sistema de rego automático e manual, paredes illadas con pladur e madeira impermeabilizante, papel reflectante de luz e calor, recipientes de nutrientes, pesticidas e fungicidas. Tamén se atoparon numerosos dispositivos eléctricos, como medidores, reguladores, temporizadores, transformadores, bombas de aire, ventiladores, radiadores, fluorescentes, lámpadas de haluro e campás reflectoras. Ademais de todo o material destinado ao cultivo, a forza actuante procedeu á aprehensión dun total de 110 plantas, valoradas en preto de 5.000€. O inmueble onde se atopaba o cultivo ilícito constaba de dúas plantas, cunha superficie total de 86 metros cadrados, os cales eran acondicionados mediante o uso fraudulento de fluído eléctrico, superando un consumo de 8.324€.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios