Venres. 18.06.2021
El tiempo

A Xunta ríese dos [email protected] e dubida da seguridade e da conservación dos espazos naturais do Camiño dos Faros

Martin Seco e Nava Castro falando do Camiño dos Faros
Martin Seco e Nava Castro falando do Camiño dos Faros na Comisión de Turismo do Parlamento
A Xunta ríese dos [email protected] e dubida da seguridade e da conservación dos espazos naturais do Camiño dos Faros

Volveu ao Parlamento o Camiño dos Faros, e a política volveu demostrar que é a principal causa de que non estea homologada aínda como Ruta de Gran Percorrido. E iso que a a Directora Xeral de Turismo, Nava Castro, na súa inxustificada intervención, quixo convencernos de todo o contrario.

Pero a realidade é que ás preguntas do parlamentario socialista Martín Seco, Castro puxo as solucións que propuña a propia Asociación Camiño dos Faros no seu Informe Técnico como principais argumentos para non oficializar a ruta, sen explicar o retraso de anos do informe medioambiental da súa veciña Consellería. É dicir, despois de anos de atrancos, de promesa en falso, agora utiliza o propio informe que os [email protected] tiveron que costearse a través dunha empresa privada, para explicar a súa parsimonia. E ademais botando a responsabilidade da homolación no tellado da Federación Galega de Montañismo.

Castro foi máis alá deixando clara as dúbidas que lle xenera á Xunta o Camiño dos Faros en clave de “seguridade e conservación de espazos naturais”. Pero iso si, asegurou que Xunta si apostará pola Ruta dos Faros entre A Guarda e Ribadeo, “fusilando a marca asentada en toda Europa e aproveitándose do traballo da asociación”, como denuncian uns [email protected] que volven tirar a toalla.

 

Repaso a 8 anos de historia do Camiño dos Faros

comentarios