A Xunta ríese dos trasn@s e dubida da seguridade e da conservación dos espazos naturais do Camiño dos Faros

Volveu ao Parlamento o Camiño dos Faros, e a política volveu demostrar que é a principal causa de que non estea homologada aínda como Ruta de Gran Percorrido. E iso que a a Directora Xeral de Turismo, Nava Castro, na súa inxustificada intervención, quixo convencernos de todo o contrario.
Pero a realidade é que ás preguntas do parlamentario socialista Martín Seco, Castro puxo as solucións que propuña a propia Asociación Camiño dos Faros no seu Informe Técnico como principais argumentos para non oficializar a ruta, sen explicar o retraso de anos do informe medioambiental da súa veciña Consellería. É dicir, despois de anos de atrancos, de promesa en falso, agora utiliza o propio informe que os trasn@s tiveron que costearse a través dunha empresa privada, para explicar a súa parsimonia. E ademais botando a responsabilidade da homolación no tellado da Federación Galega de Montañismo.
Castro foi máis alá deixando clara as dúbidas que lle xenera á Xunta o Camiño dos Faros en clave de “seguridade e conservación de espazos naturais”. Pero iso si, asegurou que Xunta si apostará pola Ruta dos Faros entre A Guarda e Ribadeo, “fusilando a marca asentada en toda Europa e aproveitándose do traballo da asociación”, como denuncian uns trasn@s que volven tirar a toalla.
Repaso a 8 anos de historia do Camiño dos Faros
- 27-11-2020: Os trasn@s ofrecen un informe técnico e medioambiental para demostrar a alta calidade da ruta o Camiño dos Faros.
- Novembro 2020: O PSdeG reclámalle á Xunta que desbloquee a homologación da Ruta dos Faros.
- Outubro 2020: Canto é o impacto real do Camiño dos Faros na Costa da Morte? .
- Outubro 2020: A Asociación Camiño dos Faros cansa e desiste de ser o promotor da homologación da ruta GR.
- Agosto 2020: O Camiño dos Faros está salvando o verán.
- Xullo 2020: Os trasn@s percorren a bisbarra.
- Xuño 2020: Por que non se homologa o Camiño dos Faros? Os trans@s rebentan contra as administracións.
- Maio 20: Foro: O Camiño dos Faros non só é bonito, é emocionante”.
- Xaneiro 2020: Os trasn@s plántanse e non farán o Camiño dos Faros 2020 en protesta pola falta de apoio das administracións.
- Novembro 2019: O Camiño dos Faros, Premio Galicia de Turismo 2019 polo seu 7º aniversario.
- Xullo 2019: Os alcaldes da bisbarra esixen a homologación do Camiño dos Faros como ruta de gran percorrido, tras 5 anos de trámites.
- Marzo 2019: O Camiño dos Faros véndese en Francia.
- Decembro 17: A Deputación aproba o financiamento do proxecto de homologación do Camiño dos Faros como GR.
- Xaneiro 2017: A Xunta corrobora o seu compromiso para axudar a homologar o Camiño dos Faros como GR.
- Decembro 2016: O Camiño dos Faros cumpre 4 anos.
- Novembro 2016: O Camiño dos Faros, produto estrella na World Travel Market.
- Xuño 2016: Novo compromiso para homologar o Camiño dos Faros como Ruta de Gran Percorrido.
- Xaneiro 2016: Os pioneiros trans@s mapean o Camiño dos Faros coa tecnoloxía de Google.
- Novembro 2015: Os alcaldes únense á loita pola homologación do Camiño dos Faros como Sendeiro GR.
- Decembro 2014: A Costa da Morte aposta unida por un Camiño dos Faros Ruta de Gran Percorrido.
- Abril 2013: O Camiño dos Faros ábrese ao mundo.
- Febreiro 2013: Percorrendo a pé, e con Traski, o Camiño dos Faros da Costa da Morte