Mércores. 06.11.2024
El tiempo

Últimos días para apuntarse no programa de prácticas laborais no extranxeiro

Últimos días para apuntarse no programa de prácticas laborais no extranxeiro
programa galeuropa 2016 Este martes, 9 de agosto, remata o prazo de solicitude para participar no "Galeuropa Costa da Morte". Este programa está dirixido a mozos e mozas entre 18 e 29 anos e oferta prácticas laborais non remuneradas de dous meses de duración en empresas de Londres, Italia ou Portugal que sexan de interés para os participantes. O programa, que se realiza de xeito conxunto entre os concellos de Camariñas, Carnota, Dumbría, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas, cubre os gastos de viaxe, aloxamento, manutención e curso do idioma do país de destino. Previsiblemente, as prácticas comezarán na segunda semana de setembro e rematarán a mediados de novembro. As persoas interesadas deben estar inscritas no Rexistro de Garantía Xuvenil e estar en situación de desemprego. Novas relacionadas Fonte

Comentarios