Venres. 17.05.2024
El tiempo

Un adeus esperado e divertido ao Hospital de Cee

Un adeus esperado e divertido ao Hospital de Cee

Este pasado venres tivo lugar no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee unha despedida. Nada menos que 33 traballadores cambian de lugar de traballo e deixarán, a partir deste mes de xaneiro, o centro ceense. Trátase de 16 enfermeras, 12 auxiliares, 3 técnicos e 2 fisoterapeutas que marchan a outros centros do país. Para cubrir as prazas a Xunta saca xa novas prazas.

Para que a sesión non fose moi triste (malia que as traballadoras foron as que solicitaron o cambio de ubicación) estaban os paiasos de Los 7 Magníficos + 1, que xa sacaran centos de gargalladas no Festiclown por Palestina.

Esta marcha simboliza un dos sinos do hospital ceense. Boa parte do plantel do centro non se acaba de acomstumar á vida na Costa da Morte e as idas e vidas pola complicada estrada á Coruña, a Santiago ou a outros puntos do país é continua.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios