Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Un motorista ferido en Coristanco

Un motorista ferido en Coristanco
Un motorista resultou ferido de consideración despois de sufrir unha caída coa moto que conducía. O motorista, no momento de producirse o accidente, ao fío das 22:00 horas da noite pasada, circulaba á altura de Xaviña, en Coristanco. Foi a esa hora, cando os técnicos sanitarios puxeron en alerta aos profesionais do CAE 112 Galicia. Deseguido, pasouse aviso aos axentes de Tráfico, aos efectivos do GES de Ponteceso e de Protección Civil de Coristanco. Os Bombeiros de Carballo tamén foron informados. Os efectivos de Protección Civil confirmaron que o motorista foi trasladado polo persoal sanitario ao centro hospitalario de referencia.

Fonte

  • AXEGA

Comentarios