Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Un outono de actividades agrarias no Centro de Formación Rural EFA-Fonteboa

Un outono de actividades agrarias no Centro de Formación Rural EFA-Fonteboa

O Centro de Promoción Rural - EFA Fonteboa, Coristanco, xa ten un amplo programa de actividades de aquí ao mes de decembro. As puramente agrarias compaxínanxe coas medioambientais, as micolóxicas...
Hoxe mesmo, mércores 21 de setembro, dan comezo cunha Xornada sobre “Aspectos técnicos do ensilado do millo” que organizan con varios técnicos dunha láctea da zona.

Pero son moitas máis as propostas agrícolas para estes meses.

Programa do Centro de Promoción Rural - EFA Fonteboa

Xornadas sobre “Xestión de Recursos Humáns nas Empresas Agrarias”

Durante 3 días (os mércores 5, 19 e 26 de outubro) en horario de 11:00 a 18:00 horas, trataranse aspectos relacionados coa organización do traballo nos diferentes modelos de explotación/empresa agraria que existen na zona: empresa individual coperativa / SAT.

O obxectivo final é mellorar a eficiencia dos traballadores na empresa. Ó mesmo tempo a última sesión será adicada a xestión de conflictos no entorno laboral. O técnico de recursos humáns Antonio Toijo coordina e dirixe as xornadas.

Micoloxía

Venres 28 de outubro, de 19,00 a 21,00h, presentación e exposición sobre os tipos de cogumelos.
Sábado 29 de outubro, de 10,30 a 14,00h, roteiro micolóxico. As 14,00h, degustación de cogumelos e almorzo.

Encontro do Programa Leonardo “New Advirses”

Do 8 ó 10 de Novembro técnicos de organismos agrarios e universidades de Portugal, Francia, Irlanda, Suecia, Alemania, Hungría e España, presentarán o proxecto “NEW ADVIRSES” no Polo de Competencias da EFA FONTEBOA.
Este proxecto trata de establecer a bases de formación para o cumplimento da nova normativa en materia de fitosanitarios que entrará en vigor no ano 2013, dentro do marco da estratexia 2020.

Actividades ADAMA

Dacordo co calendario anual as actividades correspondentes a este trimestre son:

  • Sábado 29 de outubro: Obradoiro de arte floral.
  • Sábado 19 de novembro: Obradorio de Cociña de Nadal.
  • Sábado 17 de decembro: Obradoiro de Cociña de Nadal.

IV Xornada de Porcinocultura

Baixo o título “SOTENIBILIDADE AMBIENTAL, UN VALOR DE FUTURO”, o mércores 9 de Novembro, de 11:00 a 18.00h, terán lugar a IV Xornada de Porcinocultura. Trataranse temas como a producción ecolóxica, a producción sen antibióticos e a valorización enerxética do xurro.

II Xornada de Pradeiras

O mércores 16 de Novembro, de 11.00 a 18:00 h, terá lugar a II Xornada de Pradeiras. Nesta edición tratarán sobre “MANEXO POST-XERMINACIÓN”. Os temas a desenvolver serán a identificación e prevención de enfermidades, a maquinaria de acondicionamento de pradeiras e o abonado de coberteira. Participarán como poñentes técnicos e empresas do sector.

IV Xornada de Xestión de Vacún de Leite

Este ano as IV XORNADA DE XESTIÓN aboradará o tema “POSICIONAMENTO ANTE A NOVA PAC 2013-2020”. Retos como a adaptación á normativa medioambiental, o xestión dos recursos propios da explotación en un horizonte sin cuotas, serán as temáticas a tratar.
Xerentes de cooperativas e persoal técnico da Administración abordarán estes temas o mércores 14 de Decembro de 11.00 a 18:00 horas.

AinfoVac

Continúan os grupos de traballo en Teixeiro, Frades, Rois, Olveira, Tordoia e Arzúa.
Os xoves 3,10,17 e 24 de novembro realizaranse seminarios de AinfoVac de 15:30 a 17:30. Estes seminarios van dirixidos a instalación / actualización do programa e resolución de dúbidas Confirmar previamente a asistencia por teléfono.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Centro de Formación Rural EFA-Fonteboa.

Comentarios