Un Plan que non revive á Costa da Morte


Quixo hoxe o deputado do Grupo Popular Alberto Sueiro facer balance do denominado "Plan Revive" da Costa da Morte. O deputado do Grupo Popular quixo amosar a súa "satisfacción porque o responsable do Igape confirmara que este programa segue en vigor e está plenamente operativo”. E iso que o Plan presentado hai xusto 1 ano e que suporía 25 milóns de euros de investimento á bisbarra ata decembro de 2012, a día de hoxe só investiu 2,5 millóns por parte do IGAPE en axudas para apoiar 156 proxectos empresariais das comarcas de Xallas, Soneira, Muros, Fisterra e Bergantiños
Só un 10% do prometido no plan a metade de campaña. E así e todo o deputado preocúpase de facernos entender que o plan está moi vivo.
3 novas oficinas
Suerio anunciou a apertura de tres novas oficinas itinerantes en Carballo, Baio e Corcubión nas que se atenderán directamente as necesidades de información e tramitación de solicitudes dos empresarios.
E tivo tempo para lamentar que PSOE e BNG “estean máis pola desaparición deste plan que en colaborar e apoiar o seu desenvolvemento para facilitar a implantación, ampliación e modernización de empresas nesta zona”.
Novas relacionadas
- A Xunta presenta en Laracha o Plan Revive da Costa da Morte.
- O PP comarcal de Bergantiños fai balance.
- O BNG comarcal pregunta polo Plan Revive e mira con recelo o 2012 do PP para coa Costa da Morte.
- Repaso ao 2011 na Costa da Morte.
- 815€ ao mes de media por un traballo na Costa da Morte.
- A Costa en verde: A voltas coas prantas de acuiculura.
Fonte
- Nota de prensa da Xunta.