Un Punto Limpo convertido en vertedoiro sen control
Tardou o grupo TeGa en facerse oír para que o grupo de goberno de Coristanco aprobase a creación dun punto limpo transitorio dada a cantidade de lixo de grandes dimensións atopados polo termo municipal. Sen embargo, sae hoxe á luz pública denuncian o “estado de abandono total”.
Considera Amancio Lavandeira, voceiro do grupo da oposición, que ”a inversión de diñeiro que supuxo entre a explanada e os malos accesos ronda os 40.000 €, e lamentablemente nin se lle saca partido nin a maioria das persoas saben onde se atopa (supoñemos que para que non fagan uso del)”.
De feito, consideran que “sen medios nin conexións axeitadas fan do punto limpo outro vertedoiro sin control cheo de todo tipo de lixo: plasticos, uralitas, electrodomesticos, mobles, aceites, etc.”
”Outra chapuza máis do alcalde e un despilfarro do diñeiro de todos”, critica.
Novas relacionadas
- TeGa presentará máis medidas para clarexar as imputacións do Concello de Coristanco.
- TeGa levará ao pleno as propostas dos veciños de Cuns.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).