Luns. 26.02.2024
El tiempo

Unha carballesa candidata do PP da Costa da Morte para o Congreso

Unha carballesa candidata do PP da Costa da Morte para o Congreso

O PP de Bergantiños-Costa da Morte presentou á súa candidata para ao Congreso, a edila en Carballo Margarita Varela Lema, como número 7 da lista dos populares. Ao acto asistiron os portavoces e alcaldes dos partidos xudiciais de Bergantiños e Corcubión.

Foi o voceiro carballés Alberto Sueiro e Álvarez Campana quen presentaron á nova candidata. Ademais, coa súa candidatura ao Congreso, Varela Lema súmase á lista de populares nos que recaeu a responsabilidade de defender os intereses dos veciños de Bergantiños-Costa da Morte. Unha lista na que cabe tamén citar a Zaira Rodríguez (Cee) e Perfecto Martínez Moreira (Cabana de Bergantiños), ambos os deputados provinciais, así como Alberto Sueiro, portavoz do PP en Carballo, e Marisol Piñeiro (Carnota), que actualmente son deputados autonómicos.

Varela Lema, ademais de edil do Concello de Carballo desde o ano 2007, é unha muller que leva 25 anos vinculada ao medio rural. Trátase dunha cara coñecida entre todos os portavoces e alcaldes da zona, porque, tal e como dixo Alberto Sueiro durante a súa presentación "todos temos nos nosos concellos unha base agraria importante e tarde ou cedo temos que tratar con Margarita". De feito é a Secretaria Xeral de Mozas Agricultures. "Agora necesitamos un Goberno que vexa a realidade das nosas explotacións galegas", comentou, referíndose especialmente ao sector lácteo, cuxo futuro dependerá moito "do que sexa capaz de negociar ou noso Goberno nos vindeiros anos".

Máis aló dese sector lácteo e agrario "desatendido", sinalan que "a única obrigación que o PSOE tiña con esta comarca era a construción do parador de Muxía, unha obra que, ademais, foi proposta polo goberno de Aznar e que agora vai ter que rematar outro goberno popular porque só foron capaces de colocar unha pedra nestes últimos nove anos", criticou.

En canto ao resto das infraestruturas, desde a autovía da Costa da Morte ata as actuacións en portos tan importantes como o de Caión ou o de Razo, "todas foron de titularidade autonómica, grazas ao esforzo da Xunta de Feijóo".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PP comarcal.

Comentarios