Unha ración de porco celta para completar a formación rural do Fonteboa


Falabamos onte da carencia formación hostaleira na zona. E hoxe toca sobre formación rural, pero en clave positiva. Xa se ben sempre dicimos que tería que haber máis Centro de Formación Rural, o que temos na bisbarra, cada día nos demostra o ben que traballa.
Esta semana imos cos rapaces do Centro de Promoción Rural – EFA Fonteboa a coñecer unha granxa de porco celta auténtico. Da man de César Pérez, da Asoporcel, un grupo de alumnos desprazouse ata Porto do Son para ver in situ o aproveitamento a través do silvapastoreo de porco celta, para a limpeza do monte mancomunal do monte Nebra.
Un beneficio doble: o porco crece de xeito natural e o monte queda máis limpo.


Son estas as vivenzas das que máis se aprende e iso o teñen moi claro no centro coristanqués que non para de artellar saídas e visitas organizadas. Como o grupo de alumnos de 2º FP que estivo un mes nun stage profesional en explotacións francesas, ou a participación no Proxecto AVAL XOVENES, tentando mellorar a explotación hortícola Os Caseiros.
E reciben tamén no Fonteboa. A pasada semana foron partícipes dun encontro do Proxecto Leonardo STRAT Training que se celebrou en Santiago. Técnicos de Grecia, Francia, UK, Dinamarca e España estiveron unha semana traballando na materia, pensando o mellor para os alumnos.
E como non, non podemos esquecer o noso proxecto favorito, o que máis os achega á terra, como é do Sabor Emprendedor, que os leva tódalas semanas cos seus produtos de hora ao mercado de Carballo.

Máis información
Novas relacionadas
- Que foi de Aldea Madeira? Pola formación hostaleira na Costa da Morte.
- Os alumnos do EFA Fonteboa aprenden nas explotacións gandeiras.
- Da importancia da Formación Rural na Costa da Morte.
- O único centro de formación rural tamén ensina fóra da aula.
- Mazaricos aposta polo futuro no sector gandeiro en tempos de crise.
- Un grupo de austríacos coñecen a auténtica Costa da Morte.
- Turismo de granxa: Da importancia de diversificar a nosa economía.
- Un exemplo que combina turismo e produción gandeira dende Cataluña.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).