Unha tonelada de Patacas Solidarias en Coristanco

07:53 27/11/18

Segue en marcha ata o 20 de decembro a Campaña Solidaria Parroquias de Coristanco e IES Pedra da Aguia. Pero xa está tendo a súa repercusión. Así nolo conta o párroco coristanqués o mestre no centro camariñán Manuel Mallo, que vén de facer entrega os primeiros 1.200 kg de patacas e xoguetes recollidos pola campaña.
Este primeiro material da campaña “Pouco entre moitos é moito” xa se entregou a familias en risco de exclusión social.
Para colaborar, podes achegarte ata o 20 de decembro ás igrexas de Traba, Oca, Xaviña, Erbecedo e Seavia, ademais do IES da Ponte do Porto e a Casa Rectoral de Coristanco.