Martes. 14.07.2020
El tiempo

“É urxente que se leven adiante políticas reais e efectivas de conciliación e de coidado das persoas maiores”

Algunhas das participantes nos Faladoiros feministas na Costa da Morte, dende Carballo, Cee, Corcubión, Vimianzo...
Algunhas das participantes nos Faladoiros feministas na Costa da Morte, dende Carballo, Cee, Corcubión, Vimianzo...
“É urxente que se leven adiante políticas reais e efectivas de conciliación e de coidado das persoas maiores”

O pasado venres 22 de maio unhas 10 mulleres das asociacións feministas da Costa da Morte e Bergantiños compartiron sentires e pareceres no IV Faladoiro en clave feminista realizado a través da rede. Desta volta o tema central foi o coidado da nosa xente maior, un tema de máxima actualidade mentres os Centros de Día seguen pechados.

Son momentos pois nos que todo o coidado das persoas dependentes recae sobre a familia as 24 horas e se a esto lle sumamos atender as crianzas e o teletraballo ou ter que saír a traballar fóra, a situación é bastante complexa.

Residencias

As mulleres costeiras fixeron fincapé na situación das Residencias de maiores, das máis afectadas nesta pandemia. “Cómpre Agradecer e recoñecer o coidado e profesionalidade do persoal que traballa nas Residencias. Salientar o estrés sicolóxico e a sobrecarga de traballo que soportan nesta Pandemia, tendo en conta que moitas destas traballadoras estiveron durmindo en albergues ou hostais para non contaxiar a súa familia”, explica Cristina Ledo, da Organización Feminista Buserana.

O debate rondou arredor da falta de prazas nas residencias públicas, onde hai unha media de espera de ata 2 anos. Se ben os datos sinalan que nas públicas non houbo contaxios nin mortes, nas residencias privadas si que os houbo. Entenden que “unha das razóns desta dualidade son as malas condicións laborais do persoal contratado, da que só arredor dun 20% ten contrato fixo ademáis de contratar menos persoal do necesario para unha correcta atención”.

Conciliación

A Conciliación, como no segundo debate, tamén erstivo presente. “É urxente se leven adiante políticas reais e efectivas de conciliación nas familias, de coidado das persoas maiores e de atención a todas as traballadoras do fogar que perderon o seu traballo e carecen de ingresos polo que teñen que acudir aos Servizos Sociais dos Concellos”.

A conclusión é clara: “É urxente que se traballe na Administración en xeral e nos Concellos en particular dende unha perspectiva de xénero para poñer os coidados no centro!!”

Novo faladoiro

Este venres, ás 15:00h, teremos nos #DirectosQPC un faladoiro feminista, con Patricia Vaquero, que xa estivo hai 15 días con nós, e que estará rodeada de varias representantes dos colectivos feministas da comarca.

 

Novas relacionadas

comentarios