Varias compañías costeiras, candidatas aos Premios María Casares

13:28 23/01/24
Os premios de teatro María Casares rexistran a maior participación da súa historia ao inscribirse un total de 47 espectáculos e máis de 350 profesionais na súa 28ª edición, cuxa gala de entrega celebrarase o xoves 21 de marzo no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.
Entre as candidatas atopamos compañías costeiras como Aantena ou Talía Teatro, que levan á finalísima os seus proxectos "Mozas nas redes" e "Unha inimiga do pobo".
