sábado. 09.11.2024
El tiempo

Veciñ@s polo mundo: "Cando lles amoso fotos da terra aos neoiorquinos o primeiro que me preguntan é que fago alí"

Veciñ@s polo mundo: "Cando lles amoso fotos da terra aos neoiorquinos o primeiro que me preguntan é que fago alí"
Manuel Guillín, natural de Santa Comba, trasladouse fai catro anos a Nova York para emprender unha nova etapa Manuel Guillín, natural de Santa Comba, trasladouse fai catro anos a Nova York para emprender unha nova etapa Din que é a cidade na que "todo vale", así que imos ata Nova York da man dun veciño da Costa da Morte que se desprazou alí por motivos de traballo. Xa estivemos dando un paseo con el polo barrio de Queens e Astoria, e hoxe falamos máis polo miúdo.
  • QPC: Como te chamas?
Xosé Manuel García Guillín
  • ­ QPC: De onde eres?
De Santa Comba, Terra de Xallas; aínda que a miña vida profesional transcorreu maiormente en Carballo.
  • ­ ­ QPC: Onde vives agora?
En Nova York. Concretamente en Astoria, no Queens Borough.
  • QPC: Por que motivo te trasladaches aí?
Pareceunos unha boa opción para a familia, tanto desde o punto de vista persoal como profesional e formativo.
  • ­ ­ QPC: Canto tempo fai que te mudaches?
Uns catro anos
  • ­ ­ QPC: En que traballas?
Na actualidade na banca, como consultor financeiro.
  • ­ ­ QPC: Que é o que máis botas de menos da Costa da Morte? Tes morriña?
Por suposto que teño morriña. Soa a tópico; pero realmente bótase de menos a comida, os amigos e a familia.
  • ­ ­ QPC: Manteste ao día da actualidade costeira? Como?
Desde logo. Principalmente a través de Internet.
  • ­ ­ QPC: Cantas veces ao ano viaxas a casa?
Non sempre se pode; pero trato de ir unha vez ao ano.
  • ­ ­ QPC: Que tal embaixador eres da túa terra? Canta xente trouxeche de aí a visita a Costa? A canta lle tes falado dos nosos recunchos?
Sempre que podo. 
  • ­ ­ QPC: Que diferencias máis grandes atopas entre o teu novo lugar de residencia e a Costa da Morte?
Moitas; mais principalmente a cultura e ritmo de vida, a comida e as paisaxes.
  • ­ ­QPC: Que cousas importarías para a Costa da Morte e que cousas levarías de aquí para aí?
Para a Costa da Morte, para Galicia e España en xeral importaría a organización, a efectividade e o respecto multicultural. Para Nova York teletransportaría a comida, pois importada tampouco sabe igual; e, sobre todo, ese sentido da vida tranquila e familiar.
  • ­ ­ QPC: Cóntasnos algunhas anécdotas que che aconteceron por aí?
Pois a verdade é que así realmente curiosas non moitas, aparte de atoparme con persoeiros famosos nos restaurantes. Quizais o máis curioso sexa a miña experiencia co idioma. Nova York é unha macrocidade con xente de tódalas partes do mundo, mesmo a maneira de falar cambia segundo os barrios, polo que xa podedes imaxinar as diferencias en acentos, xergas, etc. Aínda é hoxe que os neoiorquinos nativos lles custa clasificarme polo meu acento e é cando lles explico que habitualmente falo en galego; para que me entendan, unha lingua entre o portugués e o español que me da acceso a 700 millóns de persoas en todo o mundo.
  • ­ ­ QPC: Atopácheste con algún veciño costeiro máis? Xúntaste con galegos ou costeiroshabitualmente?
O mundo é un pano e levas sorpresas atopándote inesperadamente con algún costeiro mesmo en sitios tan improbables como no metro ou nunha avenida da Gran Mazá. Ademais, na miña zona hai dous clubes con centos de socios galegos.
  • ­ ­ QPC: Volverás á túa terra? Cando?
De visita tratarei cada ano. Para a volta definitiva non hai data.   "Veciños polo mundo é un novo espazo de Que Pasa na Costa desde o que queremos ver como vive a xente da Costa da Morte que está fóra dos nosos límites xeográficos. Cada semana publicaremos unha reportaxe, así que si ti eres dos que tiveches que emigrar ou tes algún amigo, veciño, ou coñecido que o fixo escríbenos a [email protected]".

Novas da Costa en NY

“De Carnota a NY”, con Manuel Vilar

Fonte

Comentarios