Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Volven as mobilizacións dos traballadores de XEAL

Concentracion comite XEAL-Ferroatlantica xullo 2020
Imaxe dunha concentración en xullo de 2020
Volven as mobilizacións dos traballadores de XEAL

Esixir un plan industrial, que garanta a recuperación do emprego a niveis de 2019 e a aplicación do convenio colectivo, son os principais obxectivos das novas mobilizacións que van protagonizar os traballadores de Xeal a partir deste vindeiro xoves 15 de setembro. O Comité vén de informar que as o calendario de mobilizacións arrincarán cunha manifestación en Santiago que sairá ás 11:00 horas da entrada principal do edificio administrativo da Xunta de Galiza en Santiago (rúa Otero Pedraio) e rematará diante das oficinas de Augas de Galiza, situadas na Praza Camilo Díaz Baliño.

A esta mobilización seguiralle outra concentración o xoves 22 diante da entrada da fábrica de Brens (Cee), ás 14:15 horas.

E para o día 29 de setembro, o persoal repetirá manifestación en Santiago de Compostela co mesmo horario e percorrido.

O Comité lembra que nos últimos 3 anos, dende o cambio de propiedade, destruíronse máis de 30 postos fixos e aproximadamente 80 eventuais e a industria auxiliar practicamente desapareceu, co impacto que isto supón para o emprego da comarca. Ademais, nestes momentos só hai un forno en funcionamento en cada unha das fábricas.

Así, e malia o “desmantelamento progresivo das fábricas de Cee e Dumbría, XEAL multiplicou por seis seus beneficios. E agora pretende aumentar a produción de enerxía con dúas novas explotacións hidroeléctricas”. De aí que o Comité tamén leve as protestas á Santiago, ás portas de Augas de Galcia para que lle esixa á empresa un plan de viabilidade que contemple un incremento do emprego no complexo enerxético industrial, na mesma proporción que o aumento do caudal de auga solicitado para subir a produción de electricidade e deste xeito dar debido cumprimento á cláusula esencial das concesións”.

TODAS AS NOVAS RELACIONADAS CON XEAL

Comentarios