O comité de XEAL solicita reunións cos grupos parlamentares, concello de Mazaricos e a Xunta

Tras denunciar o novo intento de segregación das actividades enerxética e industrial, o comité de XEAL vén de solicitar a todos os grupos parlamentares, así como á Consellería de Industria, Augas de Galicia e o Concello de Mazaricos, unha xuntanza.
O Comité segue esixindo a presentación dun Plan Industrial e de Viabilidade das Fábricas, e considera que o proxecto de estación reversíbel de bombeo no monte da Ruña e a solicitude do aproveitamento do caudal ecolóxico do encoro de Santa Uxía, son claros exemplos da política de XEAL, unicamente interesada na produción hidroeléctrica.
A representación está farta de lemrbar a vinculación das producións hidroeléctricas e de ferroaliaxes, e o compromiso de mantemento do postos de traballo das fábricas.
TODAS AS NOVAS RELACIONADAS CON XEAL
- O Comité de XEAL volve denunciar o intento de segregación entre a produción hidroeléctrica e industrial.
- Agosto 22: Unha estación de bombeo ameaza a riqueza natural do monte da Ruña, o cumio máis alto da Costa da Morte.
- Máis apoios para que a “Plataforma Salvemos A Ruña” poida parar o proxecto da estación de bombeo.