Sábado. 27.07.2024
El tiempo

A xestión turística da Costa da Morte, exemplo de colaboración público-privada en Galicia

CMAT e APTCM Xornada Foz 1
Rosa Sánchez, de APTCM, falando no foro, con Lolo Muíño, presidente da CMAT, á súa dereita
A xestión turística da Costa da Morte, exemplo de colaboración público-privada en Galicia

Representantes da CMAT (Costa da Morte Asociación Turística) e APTCM (Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte), foron convidadas este mércores pola Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense, como exemplos paradigmáticos de coordinación entre o sector público e privado, nunha xornada de reflexión e intercambio de experiencias no Edificio CENIMA de Foz.

A xornada, enmarcada no proxecto SICTED (Sistema Integral de Calidad Turística en Destino) na Mariña, comezou cunha Mesa Redonda, na que participou o representante da parte institucional, lolo Muíño, alcalde de Zas e presidente da CMAT, e como representante dos empresarios, Rosa Sánchez, vogal de APTCM. Tiveron a oportunidade de compartir as súas experiencias e boas prácticas en xestión turística, destacando os seus modelos de cooperación e proxectos conxuntos.

Puideron intercambiar experiencias e modelos de xestión turística diferentes con outros destinos como Xixón, Ribeira Sacra ou a propia Mariña Lucense, así como falar de cadanseus proxectos a futuro.

“Tivemos a oportunidade de poñer en valor a nosa positiva experiencia como asociación público-privada e aprender tamén doutros destinos irmáns, que están a traballar mediante fórmulas distintas á nosa, como son os consorcios ou mancomunidades”, destacou Muíño.

”Neste tipo de foros evidénciase que a representatividade do empresariado turístico nos entes de xestión e o seu papel activo na estratexia dos destinos son fundamentais para o seu desenvolvemento”, subliñou Rosa Mª Sánchez.

Máis novas

Comentarios