Luns. 29.04.2024
El tiempo

José Ramón Fernández e Inés Silva, novos membros da Directiva de APTCM

Asemblea APTCM
José Ramón Fernández e Inés Silva, novos membros da Directiva de APTCM

Celebrou onte, nos Baños Vellos de Carballo, a APTCM a asemblea xeral de soci@s. Medio centenar de socios acodiron e compartiron a ilusión dun sector nun momento que parece que vivir o sector. A entidade suma hoxe 170 soci@s despois de máis un ano de traballo da nova directiva, resaltando que eran apenas 70 cando chegaron, e tendo en conta que chegan aos 400 empresari@s contando coas asociacións adscritas como son SOLPOR, Empresarios de Camariñas e Hostaleiros de Carballo.

A Asemblea aprobou os novos estautos e serviu para presentar aos novos membros da Xunta Directiva, Jose Ramón Fdez. dos Baños Vellos e Inés Silva do Coliving de Laxe.

Asemblea APTCM 2

A xormada serviu para “coñecerse mellor e crear sinerxias entre o sector turístico”, explican dende a directiva.

Fíxose repaso de campañas feitas durante este ano como Meses con R, ou a serie de reunión cos touroperadores.

Pero tamén serviu para repartir os mapas turísticos actualizados xa c@s soci@s e a nova guía, formato revista, do xeodestino editadas pola CMAT.

Tivo tamén, en exclusiva, a presentación do libro de rutas turísticas “A Costa da Morte, confín de Europa” de Xan Fernández Carrera que acaba de saír do prelo, e que gracias á subvención por Turismo de Galicia, a APTCM pode entregar 2 exemplares a cada soci@.

Plan de futuro

En clave de futuro falaron da intención pedir uns fondos do GALP para promoción do xeodestino e da entidade, así como a idea de crear unha “Axenda de actividades do empresariado” costeiro.

Así mesmo, debullaron o papel da entidade en FITUR, onde este venres 26 de Xaneiro presentarán ás 12h. no stand de Galicia a guía/revista.

Máis novas

Comentarios