Xornalistas nacionais e internacionais percorren o territorio para promocionar o patrimonio subacuático
Un grupo de xornalistas nacionais e internacionais, especializados en comunicación turística, historia e viaxes, participan estes días nun famtrip (esa clase de viaxes na que os destinos invitan a xente para que falen sobre o vivido nas súas áreas de influencia) pola nosa comarca. Organizado polo proxecto Rimartes (proxecto de promoción das nosas riquezas subacuáticas que engloba o territorio dende Bergondo ata Porto do Son), onte e hoxe disfrutan e aprenden lugares onde os pecios pode chegar a convertirse nun reclamo turístico.
Aí están tomando nota para comezar a escribir reportaxes nos seus espazos Lily Mayers, correspondente en España do xornal australiano ABC, a xornalista brasileira Raquel Cintra Pryzant, de Viaxes National Geographic; Javier García Blanco, da revista Wanderer; Juan Carlos Rodríguez, colaborador de diferentes medios nacionais; Manolo Bustabad e Pilar Alonso, do diario nacional Expreso; e os bloggers Nani Arenas e Alberto Ribas de alvientooo, que volve de novo á zona.
O proxecto trata de afianzar o turismo experiencial como reclamo e colaborar na consolidación do turismo de mergullo, man a man cos seis centros do territorio: Deepteam A Coruña, Buceo Galicia, Nauga, Buceo Malpica, Buceo Finisterre e Buceo Compostela.