Mércores. 04.08.2021
El tiempo

A Xunta apoia a contratación de 22 desempregados perceptores da Risga na bisbarra

Gonzalo Trenor nunha industria
A Xunta apoia a contratación de 22 desempregados perceptores da Risga na bisbarra

A Xunta vén de resolver a convocatoria de axudas deste ano do programa de contratación de persoas perceptoras de Risga para apoiar aos concellos galegos. Na comarca de Bergantiños-Costa da Morte beneficiaranse 6 concellos que coas axudas da Xunta por valor de 274.000 euros poderán contratar a 22 persoas con contratos de 9 meses de duración que lles proporcione unha experiencia fundamental para reinsertarse no mercado laboral.

CONCELLO TRABALLADORES IMPORTE CONCEDIDO
CAMARIÑAS 2 28.339,74 €
CARBALLO 10 140.103,90 €
FISTERRA 2 20.618,28 €
LAXE 2 20.154,42 €
PONTECESO 1 10.309,14 €
VIMIANZO 5 55.112,85 €
TOTAL 22 274.638,33

comentarios