Venres. 04.10.2024
El tiempo

A Xunta descarga no Goberno Central a conexión da Autovía co polígono de Vimianzo

Imaxe actual, despois de anos de parálise, das obras da autovía a altura de Pasarela, na futura conexión co polígono
A Xunta descarga no Goberno Central a conexión da Autovía co polígono de Vimianzo

Especialistas estase facendo a Xunta en botar balóns fóra dende que cambiou o goberno central. Esta semana xa sinalaba aos concellos como responsables para axudar ás confrarías para loitar contra o furtivismo. Hoxe, como xa fixera hai un mes, volveu descargar responsabilidades no goberno do estado, ao entender que, sendo un polígono de propiedade estatal, debe ser o estado o que proporcione a conexión coa vía de maior capacidade.

Foi en todo caso todo o Parlamento Galego o que aprobou hoxe, por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta para que, tan pronto teña aprobado definitivamente o proxecto de prolongación da autovía da Costa da Morte, remita ao Ministerio de Fomento o estudo técnico que se ten realizado sobre a viabilidade da execución dunha nova conexión desde esta vía de altas prestacións ata o parque empresarial de Vimianzo.

Deste xeito, e despois de que o proxecto inclúa o punto de entroque necesario para que o viario sexa unha realidade, a Xunta demandará ao Goberno central a execución desta nova conexión co polígono. Iso si, “por parte da Xunta quedará todo preparado, incluso previstas as expropiacións e o movementos de terra necesarios”, sinalou no Parlamento o deputado e ex candidato do PP carballés Aurelio Núñez.

Mentres, seguimos esperando que se fagan efectivos os orzamentos de 2019 nos que se incluía, como acontecía en balde ano tras ano, os proxectos para os míseros 5,5km que unirán o actual remate á saída de Baio, coa estrada entre Vimianzo e Camariñas a altura de Pasarela. Dos treitos ata Berdoias (ata onde xa hai feito o desmonte) e ata Brens nada se segue sabendo 16 anos despois da promesa daquel Plan Galicia de Aznar.

Novas relacionadas

Comentarios