Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Xunta asegura que o ramal da Autovía co Polígono de Vimianzo é competencia do Estado

Leiceaga Toja Vimianzo Mónica Rodríguez
Os socialistas no Parlamento
A Xunta asegura que o ramal da Autovía co Polígono de Vimianzo é competencia do Estado

Volveu ao Parlamento a Autovía Costa da Morte, e o seu eterno retraso. Desta volta foi o PSOE de Vimianzo o que instaba a unha Xunta preguntando polo enlace da Autovía (xa convertida en Corredor) co Polígono de Vimianzo (en dirección Camariñas), unha vez que hai 2 anos do último acordo parlamentario tralo que o goberno galego se comprometía a “estudar a viabilidade do enlace”.

Dous anos pasaron tamén dende a aprobación da última partida para o novo (e mísero) treito de 5 km entre Santa Irene e Vimianzo, para o que aínda non se ve unha soa máquina.

A deputada socialista Loli Toja, que estivo acompañada da candidata vimiancesa Mónica Rodríguez, esixiulle hoxe á Xunta que “deixen de poñer escusas, non poñan obstáculos” para este vial que permitiría liberar boa parte do tráfico no casco urbano vimiancés e que ademais melloraría a competitividade do propio parque empresarial.

Curiosamente, a conselleira de Infraestrutura e Mobilidade, Ethel Vázquez, botou balóns fóra, sinalando que a obra do ramal corresponderíalla executar e pagar ao Goberno central. Vázquez aseguraba onte que xa tiñan feito o estudo de viabilidade (que non anunciaron) e confirmou que os resultados da avaliación da Axencia Galega de Infraestruturas determinan a viabilidade técnica desta nova conexión. Pero que terá que ser o Ministerio de Fomento o que desenvolva esas obras, por ser un parque empresarial dependente do goberno central.

Asegurou que a Xunta recollerá xa no seu proxecto de prolongación da autovía da Costa da Morte o punto de entronque para ese posible ramal futuro que conduza ao polígono empresarial.

Circunvalación de Carballo

A parlamentaria socialista, Toja, criticou o cambio drástico de criterio do PP, que no mes de decembro rexeitaban as emendas socialistas aos Orzamentos da Xunta para facer a circunvalación de Carballo e que agora inclúen como unha promesa electoral.

Artigos relacionados

A HISTORIA DA AUTOVÍA COSTA DA MORTE

Comentarios