A Xunta lembra a obrigatoriedade de limpar os terreos forestais próximos ás vivendas antes do 31 de maio

A partir do mes de xuño, todas as parcelas forestais situadas nas faixas a 50 metros das vivendas deben estar perfectamente desbrozadas. Así o esixe a Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, de aí que a Xunta faga un chamamento a todos os propietarios de terreos forestais.
A Xunta lembrou ademais que a partir de xuño a responsabilidade subsidiaria da xestión da biomasa preto das casas corresponde xa aos concellos, que serán os encargados de obrigar aos veciñ@s a cumprir a lei.
Son poucos os Concellos da Costa da Morte implicados con esta circunstancia. Nos últimos anos apenas colleitamos chamamentos públicos dos Concellos de Camariñas, A Laracha, Carballo, Santa Comba ou Ponteceso, se ben a meirande parte xa contan coa plataforma Xesbío, unha ferramenta para xestionar a tramitación administrativa da limpeza de franxas e comunicarse cos donos das fincas que están dentro desas faixas.
Outros concellos están adheridos ao programa de limpeza da Xunta, a través do cal é a Xunta a que se fará cargo da limpeza das súas parecelas, mentres os titulares das terras só terán que pagar 35 euros por cada mil metros cadrados (é dicir, 350 euros por hectárea), un prezo fixo axustado e vantaxoso con respecto aos prezos de mercado.
Novas relacionadas
- Marzo 21: A Laracha volve lembrar a obritagoriedade de manter limpas as parcelas forestais en solo urbano.
- Xaneiro 2021: O Concello de Camariñas xa envía os primeiros expedientes por non manter limpas as fincas forestais.
- Setembro 2020: A Laracha xa abriu 200 expedientes a propietarios que non limparon as súas parcelas:
- Agosto 2020: Camariñas, un dos poucos Concellos que lembra as obrigas aos propietarios da limpeza das parcelas forestais.
- Xullo 2020: Santa Comba tamén obriga aos propietaron a limpar as súas parcelas.
- Maio 2020: Ponteceso lembra a obrigatoriedade de manter limpas as fincas para previr os incendios.
- Febreiro 20: Camariñas tamén apura aos propietarios a limpar as fincas.
- Agosto 19: Ponteceso atrévese a meter man na xestión das franxas antiincendios.