Zihuatanejo
09:08 15/12/16
Hai unha película que me gusta especialmente. Trátase dun filme que non so é bo na súa representación formal e coma espectáculo, senón tamén no que se refire a canto aporta aos que teñen a sorte de vela. “The Shawshank Redemption”, traducida aquí coma “Cadea Perpetua” é unha película de Hollywood do 1994 dirixida por Frank Darabont, con Tim Robbins e Morgan Freeman nos papeis principais.
A película narra a historia de Andy Drufresne (Tim Robbins) un alto executivo acusado e condenado polo asasinato da súa dona, a que tería descuberto nunha infidelidade. Aínda que Andy é inocente, acaba no cárcere onde, entre outras moitas cousas, se dedica a estafar ao estado axudando o alcaide da prisión a “sisar” cartos públicos. O alcaide usa as habilidades contables de Andy para ese fin e os libros amañados se gardan cada noite nunha caixa forte, disimulada por un cadro bordado en punto de cruz pola muller do alcaide onde se pode ler (en castelán): “Su juicio se aproxima y es inminente”.
A frase responde a unha pasaxe do Evanxeo de Juan, cando cita o momento no que Xesús debe pasar deste mundo “ao do seu pai” e afirma que “o seu xuízo se achega, i é inminente”.
Hoxe pensei moito nesta frase. Non quero facervos spoiler da película, pero o alcaide non acaba ben (a ver, tivechedes 22 anos para vela, che).
Tal día coma onte a xuíz do xulgado de instrución nº2 de Corcubión, María Purificación Prieto, vén de ditar auto de apertura de xuízo oral e anunciar a petición de penas que a fiscalía considera probadas contra de seis persoas das imputadas pola denominada “Operación Orquestra”. Son o actual alcalde de Cee, Ramón Vigo, o seu “lugartenente” ata hai ben pouco (agora igual entendemos algo máis do “divorcio”) Juan Areas “Candiño”, o arquitecto da Casa de Cultura, o promotor de espectáculos Jorge López e os Ogando, pai e fillo. As penas que se solicitan contra deles van dos 23 anos acumulados por Vigo ao ano e medio para Jorge Lopez por falsear facturas.
O auto se firma con data do pasado venres, a escasamente un mes de que se cumpra o sexto aniversario de aquela fría maña de xaneiro na que a casa do concello foi tomada pola policía xudicial para o rexistro e incautación de cantos documentos fora posible para demostrar o revelado polos 2 anos de escoitas telefónicas nos que Vigo recoñecía dende que o concello do que era alcalde “manexa moito carto en negro” ata o xeito en que se recadaban “mordidas” aos Ogando a cambio da contratación a dedo das obras da Casa de Cultura. Nese espazo de tempo, neses case 6 anos, podemos escoitar de todo. As xustificacións, o total desleixo pola mais mínima razón e a total ausencia de argumentos minimamente sustentables en defensa do indefendible ocuparon a maioría das conversas nas que, por exemplo, centos de veciños de Cee xustificaron o seu apoio a un presunto delincuente. E nada, nin este auto que por fin procesa aos autores da maior ultraxe a política e o bo goberno do Concello de Cee na súa historia (ou dende o 36, para que enganarnos), nin unha presumible condena nun futuro xa non moi lonxano, vai reparar estes anos. Pero cabe facerse unha serie de preguntas, e será bo ir comezando:
Si, finalmente, as teses da fiscalía son certas (non pinta que a fiscalía sexa dos que acusan por acusar e piden 23 anos de cárcere para alguén porque si) e o actual alcalde de Cee sae condenado… quen se fai responsable do aprobado, firmado e ditado por este presunto delincuente nos últimos anos de goberno?, terán que ser revisadas cantas decisións, acordos, concursos, ditames, ordenanzas e bandos foran asinados por el neste tempo?… acaso foi minimamente razoable admitir que a presunción de inocencia en este caso (ollo, e só neste e noutros de características similares) é un “atenuante” de máximos como para facer posible que alguén para quen se piden multas por mais de 150.000€, décadas de inhabilitación para cargo público e posible pena de prisión fose alcalde dun pobo durante anos?.
Con este auto son xa 3 xuíces diferentes, en tres autos distintos en tres momentos procesais diferentes os que pensan que é lóxico levar a xuízo os feitos concernidos no sumario que abrira o hoxe maxistrado Andrés Lago Louro. Tres xuíces en tres autos, a fiscalía e dous corpos policiais distintos pensan que xa está ben de tanta tontería.
Para o futuro, si finalmente todo remata en condena, quedará a imposible reconstrución da vida política en Cee, feita anacos dende aquel frío 31 de xaneiro de 2011, cando a policía, por orde dun xuíz (nin de Pérez Rubalcaba, nin de Fran Caamaño…) entraba no concello de Cee e na casa do actual alcalde na busca do resto das pezas que hoxe serven para que outra xuíz distinta dea por boas afirmacións da fiscalía coma esta: “El acusado Ramón Ramiro Vigo Sambade actuó en la forma descrita movido por el ánimo de obtener un indebido aprovechamiento de su cargo. Pues en pago de sus maquinaciones para la adjudicación de todas las fases de la obra de la Casa de la Cultura de Cee a favor de 'Construcciones Daniel Ogando de la Sierra', en fecha no concretada pero, en todo caso, alrededor del día 12 de agosto de 2010, Ramón Ramiro Vigo Sambade, en su despacho de la Alcaldía de Cee, recibió la cantidad de 29000€ en efectivo de manos de Daniel Ogando de la Sierra, que actuaba con conocimiento y aquiescencia de su padre Daniel Ogando Ogando quien para este fin había realizado personalmente la correspondiente extracción bancaria de la cuenta titularidad de su entidad mercantil.”
E punto. “O seu xuízo se achega i é inminente”.
- José Luis Louzán, de RDF Comunicación (louzan[arroba]quepasanacosta.com).
Novas relacionadas
Máis novas
Artigos de José Luís Louzán en QPC 2016
- A esquerda non existe.
- Débedas pendentes.
- Informe para evitar o desastre Económico-Financeiro da Costa da Morte.
Verdades de José Luís Louzán en QPC
- Botando contas.
- 1001/2009.
- Corrupción.
- Quita.
- Paciencia?.
- Aldeas.
- RAF.
- Quita.
- Kafka.
- Opcións.
- Agora que todo comeza.
- A fuxida.
- Debates Bizantinos.
- Cheiro a fuel.
- Unidades.
- Glass-Steagall.
- Nós.
- Cortalumes.
- A Débeda.
- A maioría silenciosa.
- 21O.
- Persoas.
- Estado policial.
- Cans.
- Liderado.
- O Mal Goberno.
- 25 anos despois.
- BCE.
- Dez cousas que non teñen xeito.
- As liñas vermellas.
- Grandes Penalidades.
- Sete centímetros.
- E agora que?.
- Mediocres.
- Dimisión.
- Eufemismos.
- Os que mandan.
- Non chegarán.
- Agustín acredita nos Mayas e outras historias.
- Fauna.
- Zozobra.
- Folga.
- Fe.
- 99 non é 100.
- Calma chicha.
- Ánimo Ramón.
- A Fuxida.
- A nosa maior prioridade.
- Imputados, témolos a eito.
- Fraga. A Costa é miña.
As Verdades como puños de José Luís Louzán
- Talibanismo.
- Totalitarismo.
- Apatía.
- Constitución. Solutions.
- Pesimismo Vs Optimismo.
- PPSOE.
- Agora que sabemos a verdade.
- Mercenarios.
- JMJ.
- Spitzer.
- Deberes.
- O Dilema.
- Pérez.
- AA.
- Mouseland.
- First Lady.
- Feitos.
- Cálculo Mezquino.
- Saqueo Vikingo.
- Medidas cautelares.
- A memoria.
- Neutral.
- Falso.
- Cómplices Silenciosos.
- Tufillo.
- Podre.
- Dinosaurios.
- Pese a quen pese.
- Nestes días tan terribles.
- Indiferenza.
- A estafa.
- Fascismo.
- Municipais
- Marbella.
- Cuestión de tempo .
- Falsas aparencias.
- Despilfarro.
- Envexa.
- Shackleton.
- A fin da sociedade civil.
- A Resposanbilidade.
- Tabaquismo.
- Por que?.
- Solutions. Medio ambiente e enerxía.
- Liberais Contra conservadores.
- Solutions. Economía.
- Entelequia.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)