venres. 09.05.2025
El tiempo

20 carballeses pasan de alumnos a artistas de gravado

20 carballeses pasan de alumnos a artistas de gravado
Artistas da Exposicion de Gravado de Carballo Cartel da exposicion de gravado de Carballo

De paso que pasamos polo Pazo da Cultura para disfrutar da Mostra fotográfica do Certame Xosé Manuel Eirís; agora poderemos disfrutar tamén da exposición que acaba de inaugurar a Aula Municipal de Gravado. O resultado do traballo dos 20 creadores que participaron das ensinanzas de Manuel Facal está á vista no Pazo ata o 11 de maio no horario habitual de 17.00 a 21.00 horas de luns a domingo no andar -1.

Trátase dunha mostra que nace coav finalidade de fomentar a creación cultural entre os artistas locais, que acadaron un gran nivel, como recoñece o mestre.

Os 20 creadores que expoñen o seu traballo son: Alejandro Vázquez, Andrés Rey Mancebo, Antón Díaz Sánchez, Antonio Taracido García, Cristina Castro Santiago, Emilia Rodríguez de las Heras, Eva Facal, Isa Fernández, José Manuel Rama Edreira, Luis González (Yiyi), Manuel Eirín, Milagros Cotelo, Mon Lendoiro, O'Miguelo, Pedro Tasende, Raúl González Herrera, Rosa Rial Lema, Santi Picos Díaz, Santiago Castro Taibo e Viki Rivadulla.

Exposicion de Gravado en Carballo

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Carballo.

Comentarios