A Amega denuncia a política de publicidade institucional da Xunta ante expertos europeos

20:06 06/10/14

Accións da AMEGA
Na súa intervención, Salgado tamén se referiu á proposta de Lei de Publicidade Institucional que a Amega presentou hai uns días no Parlamento galego e que conta co respaldo dos grupos da oposición. Unha iniciativa, dixo, que pretende dotar de “transparencia” ao reparto das axudas públicas e da publicidade aos medios de comunicación para “protexer, cultivar, difundir e socializar o idioma galego”. “Como é posible que nun país no que máis da metade da poboación é galego falante non exista un medio diario en Galego?”, cuestionou o director de Galicia Confidencial. Unha cuestión que inquedou aos membros do Comité de Expertos sobre Linguas Minoritarias que se interesaronse pola falta de axudas aos medios en galego e amosaron a súa sopresa porque non haxa unha política “equitativa” de subvencións aos medios. De feito, o informe anterior do Consello de Europa era tremendamente crítico co goberno galego e denunciaba múltiples incumprimentos deste con respecto á lingua propia, “mais a situación aínda foi a peor, pois a acción da Xunta con respecto ao galego é de desleixo e desprotección total, polo que os incumprimentos da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias non deixan de incrementar no ensino, na administración, na xustiza, etc”, apuntaba. Ao longo deste luns tamén se entrevistaron con estes expertos, representantes da Irmandade Xurídica Galega, do Foro Peinador, da Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística, da Mesa pola Normalización Lingüística ou do Colexio de Xornalistas de Galicia, entre outros. Outros colectivos, como a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) denunciou a súa exclusión destes encontros.Novas relacionadas
- A Asociación de Medios en Galego reclama máis transparencia cunha proposta de Lei de Publicidade Institucional.
- A AMEGA, en contra da devastación dos nosos montes.
- A Xunta comprométese a traballar coa Asociación de Medios en Galego.
- Un bo ano para os medios en galego.
- A Asociación de Medios en Galego presentouse aos catro Grupos Parlamentares.
- 17 de maio: A Xunta “pasa” do galego.
- En marcha a Asociación de Medios en Galego con participación costeira.
- Nace a Asociación de Medios en Galego coa presencia de QPC.