Mércores. 18.09.2024
El tiempo

A Axenda non para na Costa da Morte

A Axenda non para na Costa da Morte

Nova fin de semana de agosto, pero parece que o verán esqueceu parar. Haberá que centrarse en disfrutar citas variadas, un festival de música, unha feira de artesanía, mercados históricos ou unha marea de festas... porque, como nos comentan os compañeiros de 4gotas, teremos unha fin de semana complexa:
O venres será un día chuvioso. Sobre todo a media mañá e ao mediodía. A partir de media tarde remitirán as chuvias.
O sábado non choverá, pero con ventos do oeste-suroeste entre Fisterra e Muros haberá bastante humidade, entrarán nubes alternando con claros ata que se cubra de noite e as temperaturas non pasarán dos 21-22ºC. Pola contra entre Camariñas e Malpica lucirá o sol con 23-24ºC ao mediodía. Día de praia polo tanto.
O domingo volve a complicarse a cousa. Soplará o vento forte do suroeste na madrugada e choverá na mañá. Despois de comer abriranse grandes claros outra vez.

O culpable do vento e das chuvias do domingo son os restos do furacán Bertha que rozou a costa de EEUU a principios de semana. Contámolo aquí http://www.4gotas.com/mas-tiempo/blog-meteorologia-4cosas/huracan-bertha-camino-a-europa/

Unha de rock

Muros acollerá a cita festivaleira da fin de semana no Castelo Rock, unha ocasión imprescindible para os amantes da boa música. Serán dous dias de música, venres e sábado con ocasión para ver a Gatillazo, Los Suaves ou a banda local Terbutalina, entre outros.

Unha de artesanía

E pecharase esta fin de semana a XXXI Mostra de Olería de Buño, este ano no Parque Luciano García Alén. Feira de produtos, demostracións en vivo… todo un mundo arredor do barro.

Viaxando no tempo

E xa temos falado da moda dos mercados históricos. Esta fin de semana conflúe unha cita xa afianzada e que resulta moi auténtica, como é o VIII Mercado das Rutas do Mar de Muxía; cunha estrea, o Mercado Pirata de Laxe.

De festas

Non impedirá o tempo que se celebren ducias de festas pola volta. Temos unha marea delas, con especial atención á Festa da Fervenza, a máis multitudinaria.

Non lle teñen nada que envexar as Festas en Vimianzo, incluíndo unha interesante ruta urbana cultural.
Pero ademais teremos as Festas do Carme de Camelle; as Festas do Carme de Sardiñeiro; as Festas de Bustelo, as Festas de San Mamede; as Festas de San Clemente do Pindo e as Festas de Verdillo. Aí é nada!

E atentos, que a fin de semana remata cun espectacular concerto exprés na Ventana de Laxe a golpe de domingo.

Pasadeo ben verbeneiros!!


Máis información

Tendes toda as citas debulladas en:


Fonte

Comentarios