A #Axenda trae ducias de alternativas de ocio sen saír da Costa da Morte

08:20 22/07/16

- Dende hoxe e ata o domingo, Corcubión vístese de medievo. Ás 17 horas abrirase o mercado e varios actos darán paso ao desembarco das tropas do arcebispo Rodrigo de Luna en Corcubión 1457. O espectáculo será ás 23 horas na praia do centro da vila corcubionesa. Ademais dos postos, haberá espectáculos musicais e circenses, exhibicións de cetrería,...
- Sete librarías saen á rúa esta fin de semana para participar na feira da creatividade cultural carballesa. Dentro da programación da #prazadoslibros combínanse varias presentacións de libros, actuacións musicais, obradoiros e un vermú científico con Jorge Mira. Modesto Fraga tamén presenta hoxe, as 20 horas, o seu libro "Adagio por Outono".
- A praia de Razo acolle mañá unha das principais citas festivaleiras deste verán: o Sereas e Piratas. Música, surf, e un mercado serán os principais ingredintes desta festa surfeira.
- Ponteceso acolle ata o domingo o IV certame internacional de pintura ao aire libre cun intenso programa de actividades. O acto inagural terá lugar hoxe, ás 20 horas, en Xornes e a continuación haberá un concerto da mand de San Simón Fiddle. O domingo coñeceranse os gañadores.
- En Pasarela (Calo-Vimianzo) arrancan hoxe as celebracións do Apóstol coa festa da xuventude que lle dará paso a tres días de verbena e de actos litúrxicos. O domingo, o Combo Dominicano encargarase de animar a noite.
- A orquesta Ciclón e o grupo Aramio encargaranse de facer vibrar este domingo a parroquia zasense de Loroño. As festas na hora a Santiago Apostol continúan o luns, día 25, cunha sesión vermú amenizada polo grupo Rossan.
- No Pino do Val (Mazaricos) celebran esta fin de semana unha grandes festas. O Combo Dominicano e a disco móbil CDC serán os pratos fortes da verbena de mañá e La Bamba e, de novo, a disco móbil CDC os do domingo.
- Mañá sábado, a partir das 21 horas, haberá unha sardiñada en Corme Aldea. O grupo Elite encargarase da parte musical.
- As Torres do Allo (Zas) abren durante todo o verán en horario de 11 a 20 horas e todos os domingos, as 19:30 horas, ofrecen un espectáculo teatral da man de Os Quinquilláns.
- No Castelo de Vimianzo haberá esta fin de semana varias visitas guiadas. A primeira delas será hoxe, ás 22 horas, guiada polo pantasma do poeta Evaristo Martelo. O sábado e o domingo, a fortaleza estará aberta no seu horario habitual e as 12 e as 19 horas haberá un servizo gratuito de visita guiada. Tamén o domingo, as 13 e as 17 horas, a compañía teatral Os Quinquilláns fará un repaso pola historia do Castelo cunha visita teatralizada.
- O sábado e o domingo, as 13 e as 18 horas, realizanse visitas guiadas nos Batáns do Mosquetín (Vimianzo).
- Dolmen de Dombate (Borneiro) abre todos os días entre as 9 da mañá e as 21 horas. Dispón dun servizo de visitas guiadas en horario de mañá – de 11 a 14 horas – e tarde – de 16 a 21 horas –.
- O Forno do Forte, de Buño-Malpica, abre durante o verán entre as 11 e as 14 e de 16 a 20 horas, a excepción dos domingos.
- II Roteiro nocturno "Lúa Chea de Laxe". Esta noite, as 22 horas, partirá da praza Ramón Juega de Laxe unha expedición para percorrer os lugares máis emblemáticos da vila á luz da lúa. Ao remate haberá unha actuación musical e queimada.
- Historia Viva Vimianzo "O Camiño secreto de Santiago". Mañá, as 11:30 horas, sae do Castelo de Vimianzo un autobús para descubrirá a historia dunha ruta xacobea esquecida co paso dos anos. A igrexa de Santiago de Cereixo, a capela da Peregrina da Lagoa, Calo, a ermida de Castrobuxán serán algúns dos puntos da visita.
- A casa da Cultura de Vimianzo acolle ata o vindeiro 30 de agosto a exposición fotográfica “Asunción, María e Jose” de Marcos Rodríguez.
- O Cárcere Vello de Corcubión alberga, ata o 31 de xullo, a mostra de fotografía naval "Unha ollada aos barcos e o mar".
- A artista polaca Gosia Trebacz expón na sala de exposicións do faro Vilán a súa mostra de pintura “Mar de dudas”. Os seus traballos combinan formas, materiais e cor dándolle así unha nova dirección aos seus traballos que buscan provocar a comunicación co espectador.
- A casa da Cultura da Picota – Mazaricos – acolle a partir das 22 horas de hoxe a proxección do documental “Frankenstein 04155”, un traballo dirixido por Aitor Rei sobre das incógnitas arredor do accidente do tren Alvia 04155 en Angrois, o 24 de xullo de 2013.
- Xornada de portas abertas en Naturmaz (Mazaricos): mañá sábado o aeródromo a Ferveza acolle unha xornada de portas abertas. Haberá exhibición de aves rapaces e durante toda a mañan haberá tamén exposicións e exhibicións de drons, autocaravanas, kayaks, ultralixeiros, paramotores, tiro con arco, actividades de turismo activo entre outras actividades.
- Concentración de motos clásicas. O concello de Zas orgniza para este domingo un roteiro en moto clásica por distintas localidades do municipio. arranco as 10 horas de Baio.
- Títeres en Malpica: Microminia Títeres ofrece mañá, as 20:30 horas, no paseo marítimo da vila “Vacacións no mar”; un espectáculo de títeres de luva e siluetas apto para todos os públicos.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)