Domingo. 19.05.2024
El tiempo

A #AxendaCostadaMorte despide un completo mes de abril

A #AxendaCostadaMorte despide un completo mes de abril
Música, baile, teatro e camiñatas son os principais ingredintes da #axenda desta fin de semana na Costa da Morte. Unha fin de semana na que o tempo volverá a ser un dos temas principais de conversa debido a que volven a aparecer as choivas e a que baixan as temperaturas. Antes de entrar en detalle en cada unha das citas de ocio, analizamos o parte costeiro da man de Meteogalicia.

Parte meteoróxico

A fin de semana chega marcada por un descenso das temperaturas acompañadas de chuvascos. A temperatura máxima non superará os 13º e as choivas chegarán de formas ocasionais e incluso, por momentos, con saraiba. O vento deixarase notar o domingo, con maior forza nas horas principais do día. No mar, a situación estará tranquila tanto o sábado como o domingo con ondas de 1 a 2 metros de altura.

Teatro

  • Primavera en Danza. Dobre sesión da Primavera en Danza no Pazo da Cultura de Carballo. Hoxe será o turno de Lasala co seu espectáculo "Now" e mañá "Si pudiera hablar de esto no haría esto".
  • Teatro en Vimianzo. Culturactiva pecha mañá co seu espectáculo "Sénior" a programación para adultos na privamavera posta en marcha polo concello de Vimianzo. A cita comeza ás 21:30 horas e o custe da entrada é de 3,50 (2,5€ a reducida).
  • Teatro en Baio. Continúa a III Mostra de Teatro Afeccionado "Labarta Pose" organizada polo concello de Zas. Nesta ocasión, é o turno de O Catre Teatro (de As Pontes) coa súa obra "All you need is war". A función comeza ás 21:00 horas no auditorio de Baio e a entrada é de balde.
 

Sendeirismo

  • Andainas "Coñece a Costa da Morte": Este sábado, os participantes nas Andainas Coñece a Costa da Morte descubrirán unha parte do concello de Fisterra. En concreto percorrerán o roteiro "A Orca vella".
  • 9ª Primavera en Ruta. Senda Nova continúa percorrendo espazos naturais de espectáculo. Nesta ocasión camiñarán pola "Ruta das Mámoas" de Cabana de Bergantiños.

Festas

  • Ponte en Festa. A orquesta Ibiza e a disco móvil Impacto serán os encargados de amenizar este sábado a verbena do "Ponte en Festa", de Ponteceso.

Outras citas

  • Concerto de Jazz en Laxe. O museo do Mar de Laxe acolle est noito, ás 21:30 horas, un concerto de jazz galego da man de Andrés Rivas Trío.
  • Ruta de tapas en Santa Comba. Nove establecimentos ofrecen estes días as súas mellores tapas por 1€ con cada consumición, na que xa é a VIII Ruta das Tapas. O horario de degustación é venres, sábado e domingo de 12:00h a 15:00h e de 20:00h a 23:00h.
  • Pasabares'18 en Mazaricos. Mañá sábado será unha nova edición do Pasabares’18. Ás cinco da tarde os grupos comezarán a tocar polos bares (Parrillada California, Pizzería Vinculeiro, Restaurante Casa Jurjo, Restaurante Efe Eme, Café Bar Alborada, Restaurante Verxel, Asador Manduca e Café-Bar Pallote).
  • Iluminación Cascada do Ézaro. Este sábado (28) e o luns (30) iluminarase dende as 22:00 ata as 23:00 horas.
  • Concerto de Leo KChen Cee. Leo KCH volve á escea este sábado no "Abril de versos e balas" do Rock Corner Bar de Cee.
  • Día do Ritmo en Malpica. O pavillón de Malpica énchese mañá sábado de música no marco da 13ª edición do Día do Ritmo. A  cita esta fixada a partir das 11.30 horas e a entrada é libre e de balde.
  • Música en Ponteceso. O cantante Manolo Couto actúa este domingo, ás 19:30 no edificio das Escolas de Ponteceso, dentro do programa "Domingos de Lecer".
  • Concerto Coral en Muxía. Mañá chega a Muxía a música do Coro Joven da Orquestra Sinfónica de Galicia cun concerto que terá lugar ás 19:00 horas no Salón de Actos do Voluntariado. A entrada é gratuita ata completar aforo.
  • XVII Ruta Cabalar en Muros. A praia de Ventín, na Abelleira, será mañá o punto de encontro da XVII ruta cabalar Comarca de Muros.

Exposicións

  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas. Ademais ata o mes de abril hai unha exposición de Esther Ferreiro.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
  • As Torres do Allo, en Zas, abre sábados e domingos e festivos  (de 11 a 19 horas). Ademais, o pazo acolle unha Mostra de Traxe Tradicional, e ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.

Máis información

Fonte

Comentarios