Domingo. 19.05.2024
El tiempo

A #AxendaCostadaMorte énchese de actividade

A #AxendaCostadaMorte énchese de actividade
Como cada fin de semana, chega unha completísima #axenda coas principais citas de ocio na Costa da Morte. Xunto a ela, vén o parte costeiro da man de Meteogalicia.

Parte meteoróxico

Hoxe teremos unha xornada con tempo cambiante e inseguro na que predomirán as nubes e claros e na que tamén haberá algunha que outra choiva ocasional. Os ventos non soprarán con moita intesidade. A tan desexada melloría chegará o sábado pero, ollo, que só será unha melloría transitoria. Así, na xornada de mañá non se esperan choivas pero sí se espera a chegada de vento do sur. A inestabilidade volve o domingo á Costa da Morte da man dunha nova borrasca que traerá auga durante toda mañá. A situación irá mellorando ao longo da tarde e comezaremos a semana con tempo seco.

Primvera en Danza

  • Esta fin de semana arranca en Carballo o programa "Primavera en Danza" coa conferencia bailada de Toni Jodar (venres 13) e cos espectáculos de rúa Viaxes, de Lusco e Fusco (sábado 14) e os de auditorio Vuelos de Aracaladanza (domingo 15). As entradas poden conseguirse a través de www.ticketea.com ou no teléfono 902 044 226. O día de cada función tamén poderán adquirirse entradas na billeteira do Pazo da Cultura desde 90 minutos antes do inicio.

Teatro

  • Velada teatral e musical en Vimianzo. O auditorio da casa da Cultura de Vimianzo acolle este sabado unha intensa velada. Ás 20 horas terá lugar a presentación do libro "O legado sonoro de Jacinta Landa Vaz". E a continuación, ás 21 horas, a música e o teatro mistúranse da man de Tero Rodríguez e Barahúnda.
  • Teatro infantil en Muros. A compañía A Illa d@s nen@s trae este sábado, ás 18:00 horas, ao centro cultural e xuvenil de Muros o seu espectáculo "Maxia e teatro infantil".
  • Teatro en Mazaricos. Malasombra teatro chega a Mazaricos este sábado 14 de abril, ás 22:00 horas, para traer o seu espectáculo mortal, DEP, unha comedia de morte.
 

Concertos

  • Concerto de Jazz en Laxe. O museo do Mar de Laxe acolle este vernes un concerto de jazz galego da man de Valentín Caamaño Trío. A cita comeza ás 21:30 horas.
  • Curruncho Pop en Carballo. Este sábado continúa con forza na biblioteca Rego da Balsa de Carballo os concertos do Curruncho Pop. Será o turno de Álex Cooper que comeza a tocar ás 20:30 horas.
  • Concerto en Vimianzo. O grupo "Contrabando" actúa este sábado - a partir da media noite - no Celme de Vimianzo.

Outras citas

  • ConXdeLaxe: Laxe continúa esta fin de semana promocionando os seus productos coas Primeiras Xornadas Gastronómicas na que participan varios establecementos da vila.
  • Concerto de Jazz en Laxe. O museo do Mar de Laxe acolle este vernes un concerto de jazz galego da man de Valentín Caamaño Trío. A cita comeza ás 21:30 horas.
  • Andaina por Cee. As Andainas Costa da Morte desembarcan este sábado en Cee para adentrarse "Polos camiños de Ameixenda: onde se funden as pedras co mar".
  • 9ª Primavera en Ruta. Senda Nova percorre este comingo "O Son do Anllóns"; un roteiro duns 21 quilómetros de distancia.
  • Presentación do libro "A Madriña" en Santa Comba. O auditorio edificio Multiusos de Santa Comba acolle o sábado 14 de abril, ás 12:30 horas, a presentación da novela “A Madriña” publicada por Edicións Fervenza, o último libro de Mª Carme Caramés Gorgal.
  • Maxia en Cee. O Mago Charlangas trae este venres a Cee o seu espectáculo "@Temporal" no que a maxia e o teatro se misturan nunha historia moi imaxinativa.O espectáculo será a partir das 23:30 horas no pub Otium 48 de Cee - rúa Estatuto de Autonomía, 48 -. A entrada é de balde.
 

Exposicións

  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas. Ademais ata o mes de abril hai unha exposición de Esther Ferreiro.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
  • As Torres do Allo, en Zas, abre sábados e domingos e festivos  (de 11 a 19 horas). Ademais, o pazo acolle unha Mostra de Traxe Tradicional, e ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.

Máis información

Fonte

Comentarios