A #AxendaCostadaMorte recibe o Nadal con grandes nomes, festas e solidariedade

08:05 15/12/17

Festas de Santa Lucía
- As Festas de Santa Lucía de Nantón celébranse este sábado.
- As Festas de Santa Lucía de Berdeogas teñen o seu día verbeneiro neste sábado, tamén.
Citas singulares
- Fisterra estrea o seu programa de Nadal cunha triple cita teatreira. Un venres teatro familiar, un sábado maxia en Sardiñeiro, e un domingo co teatro local da mans dos Rapacollóns.
- Monólogo de Isabel Risco, a cita será na Casa da Cultura de Cee a noite do venres.
- Senda Nova prepara un magosto para a tarde do sábado que servirá de presentación do programa de inverno.
- Interesante será a mesa redonda sobre o Decrecemento que se celebrará ao longo do sábado en Carballo.
- Aldaolado levarán o seu espectáculo poético-musical-humorístico a Cee na noite sabatina.
- Muros non falta á súa cita co teatro, comezando o programa de Nadal con Rendrum.
- Lires acolle unha nova presentación do libro de Fernando Patricio Cortizo sobre naufraxios.
- Suso Lista inaugura o sábado a súa exposición de fotografías de arte efímera sobre a area do Osmo.
- Laxe acolle unha interesante conferencia sobre os muíños de mares e de vento, a cargo da Doutora Begoña Bas, na tarde do sábado no Museo do Mar.
- Manuel Manquiña abre o programa cultural de Zas cun monólogo na noite do sábado.
- O domingo a Casa de Pedra de Camariñas convertirase nun foxo do lobo, nunha xornada de recuperación patrimonial.
- A tarde do domingo tócanos ir a todos á Vimianzo para disfrutar da Gala Solidaria.
- O domingo pola mañá a Escola de Música Moderna de Santa Comba celebrará o seu Festival de Nadal.
Exposicións
- Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas. Visitas guiadas gratuítas: sábado e domingo ás 12 e ás 19 horas.
- Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
- As Torres do Allo, en Zas, abre sábados e domingos e festivos (de 11 a 19 horas). Ademais, o pazo acolle unha mostra de pezas de Olería de Buño e ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas.
- No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas todos os días de 10:30 a 14 e de 16 a 18:30 horas.
- A Casa da Cultura de Vimianzo acolle dende a exposición “Teatro do Atlántico 30 anos actuando” na que se fai un percorrido pola traxectoria dunha das compañías máis lonxevas da comunidade.
- Na Eira, en Ponteceso, Suso Lista expón a súa arte efímera na area do Osmo.
Máis información
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)