A #AxendaCostadaMorte recibe un activo mes de decembro

07:15 01/12/17

Teatro
- Teatro en Malpica. Hoxe chega ao seu fin a XIII mostra de teatro de Malpica e faino ao grande. Esta noite, ás 20:30 horas, o centro Cívico malpicán acolle a obra de teatro "O tolleito de Inishmaan" da compañía Contraproduccións.
- Teatro en Vimianzo. Continúa na casa da Cultura de Vimianzo o programa cultural de outono posto en marcha polo concello. Mañá é o turno de Malasombra Teatro que trae a súa obra "O caso é ter saúde". A función comeza ás 21:30 horas.
Semana Gandeira en Mazaricos
- A Picota acolle esta fin de semana (sábado e domingo) os días grandes da Semana Gandeira de Mazaricos. Mañá haberá varias xornadas técnicas durante a mañá e pola tarde haberá actividades para nenos e música. Xa o domingo, será a tradicional poxa de xovencas. Ademais, durante toda a fin de semana expoñerase maquinaria agrícola e outros productos relacionados co sector.
Exposicións
- Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas. Visitas guiadas gratuítas: sábado e domingo ás 12 e ás 19 horas.
- Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
- As Torres do Allo, en Zas, abre sábados e domingos e festivos (de 11 a 19 horas). Ademais, o pazo acolle unha mostra de pezas de Olería de Buño e ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas.
- No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas todos os días de 10:30 a 14 e de 16 a 18:30 horas.
- A Casa da Cultura de Vimianzo acolle dende a exposición “Teatro do Atlántico 30 anos actuando” na que se fai un percorrido pola traxectoria dunha das compañías máis lonxevas da comunidade.
Sendeirismo
- Outono en Marcha. Este domingo remata a sexta edición do Outono en Marcha de Senda Nova. Nesta ocasión realizarán a "Ruta das Férvedas" que transcorre polo concello de Carballo.
Outras citas
- Carballo na memoria en Lema. O proxecto www.carballonamemoria.org chega hoe á parroquia de Lema, despois de arrincar na de Rebordelos. Hoxe, a partir das 20 horas, farán unha presentación do traballo e unha recollida de imaxes.
- Foliada en Fisterra. Dentro da programación posta en marcha pola CD Rapacollóns Big Band tamén se inclúe unha foliada que terá lugar mañá sábado, a partir das 20 horas no restaurante Os Tres Golpes e que está aberta a todo o mundo cos grupos fisterráns “Crus de Baixar” e “Os rapases da Posa Choca” como “residentes”.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)