A #AxendaCostadaMorte recupérase tras o atracón do entroido

07:15 18/02/16

- Ainda quedan pola comarca pequenos restos do entroido. Concretamente será na praza Castelao de Corcubión, onde mañá sábado teña lugar o enterro da Sardiña Escolar. A cita, que comeza ás 19:15 horas.
- A biblioteca municipal de Ponteceso acolle mañá sábado, ás 18 horas, un recital aberto a Rosalía de Castro. O escritor Miguel Anxo Mato e o filólog Pepe Alborés falarán da escritora e tamén actuarán os membros do grupo Inllar.
- Rosalía de Castro tamén estará moi presente este domingo na visita guiada a Moraime que organiza a asociación Turismo Muxía Natural, dentro do programa “Febreiro, mes das pegadas de Rosalía de Castro nas terras de Muxía”. A cita comeza ás 17 horas e é preciso anotarse.
- En Carballo continúan os Venres Culturais. Nesta ocasión, o pazo da Cultura carballés acolle hoxe, ás 21 horas, aos membros da compañía de Huesca Producciones Viridiana, que presentan o espectáculo "Ligeros de equipaje. Crónica de la retirada". A través de dous actores que interpretan a preto de cincuenta personaxes, ofrecen un traballo emocionante e impactante. O prezo da entrada é de 4 € con prezo especial con desconto para estudantes e maiores de 65 anos de 3 €
- Os máis pequenos teñen unha cita mañá sábado, ás 18 horas, co Febreiro Pequeneiro de Vimianzo onde poderán ver "Espantallo amigo"; unha adaptación teatral de Os Quinquilláns da obra homónima de Xosé Neira Vilas, un dos fitos máis importantes da literatura infantil galega.
- Teatro en Muros. Tamén o sábado, o auditorio do Centro Cultural de Muros acolle o espectáculo da compañía Talía teatro, “Demolición”, no que o público adulto poderá gozar durante unha hora e media dun traballo actoral impecable. A cita comeza ás 21:30 horas. O prezo das entradas é de 3,5€.
- Esta noite, a Sala A Ventana de Laxe acolle o concerto, a partir das 23:30 horas, de David Feito, un dos guitarristas de El Sueño de Morfeo que salta en solitario con Vapor.
- María Fumaça leva o domingo ata Carballo o seu espectáculo "Xiqui Xoque, Fiú Fiú!" un concerto-espectáculo para celebrar a vida que ademais aproveita a Asociación Aloumiños para organizar o festival Incluson a partir das 17.00 horas e dar a coñecer o seu labor.
Máis información
Fonte- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)