A #AxendaCostadaMorte sobe o telón

08:15 29/09/17

Fiot
- "La Zanja" de Titizina Teatro. O teatro volve esta noite ao Pazo da Cultura de Carballo. A cita comeza ás 21 horas e a taquilla abre 90 minutos antes da función. O custe das entradas é de 8€.
- Rúa dos Contos. A cervexaría Agora acolle esta noite, a partir das 23 horas, un monólogo de Pepe Capelán que trae "Contos dun rapaz de aldea". E un pouco máis tarde, ás 00:30 horas, o pub O Patacón trae "Carta de Ajuste", un concerto que fusiona a música e a comedia.
- "La Ternura"de Teatro de la Ciudad e Teatro de la Abadía. O sábado, ás 20:30 horas, comeza terá lugar no Pazo da Cultura carballés unha comedia na que os protagonistas serán os leñadores e as princesas.
- Rúa dos Contos. A actriz Marta Lado estrea este sábado o seu monólogo "O Ás para matar o 3". O espectáculo comeza ás 23 horas en A Barra Bar.
- Otni no Fiot. O domingo estreáse no Pazo da Cultura a obra "La Última Cena" de Reckless Sleepers & Atresbandes.
Teatro
- Teatro no Camiño en Muxía. Hoxe chega a Muxía a actividade de Turismo da Xunta de Galicia “Vive o Camiño”. Xa dende pola mañá estará no Cabo da Vila a mostra que acompaña e actividade e ás 18:30 horas, no mesmo sitio, Isabel Risco e Fran Rei interpretarán a obra "Dous no Camiño".
- Mañá, a casa da Cultura de Corcubión acolle a obra "Sopa de Sapo" de Talía Teatro. A función comeza ás 19 horas.
- Teatro en Baio. O grupo "Sen Tempo Teatro" - da escola municipal de teatro para persoas adultas do concello de Zas - presenta este sábado a obra "Unha de romanos". A función comeza ás 21:30 horas no auditorio de Zas.
- Teatro no Camiño en Fisterra. A actividade "Vive o Camiño" pecha o domingo a súa xira. Será ás 18:30 horas na praza da Constitución de Fisterra onde actuarán Isabel Risco e Fran Rei coa súa obra "Dous no Camiño" e tamén tocará "Caxade".
- "Agora en serio" é no nome do espectáculo co que Marcos Pereiro e Xosé Antonio Touriñán percorren as vilas galegas para repasar os seus quince anos de traxectoria xuntos. Mañá, ás 21 horas, estarán na casa da Cultura de Vimianzo.
Festas
- A Aldea do Couto celebra mañá e o domingo as festas do Sacramento con moita música tradicional.
Exposicións
- Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas. Visitas guiadas gratuítas: sábado e domingo ás 12 e ás 19 horas.
- Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
- As Torres do Allo, en Zas, abre sábados e domingos e festivos (de 11 a 19 horas). Ademais, o pazo acolle unha mostra de pezas de Olería de Buño e ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas.
- No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas todos os días de 10:30 a 14 e de 16 a 18:30 horas.
Outras citas
- Cine en Fisterra. Esta noite remata o ciclo de cine de verán posto en marcha polo concello de Fisterra. Cita está dirixida ao público adulto e será ás 20:30 horas no salón de actos do concello coa proxección da película "A praia dos afogados".
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)